O programa de andainas é o 24 de abril en Zas, o 8 de maio en Laxe e Traba e o 22 de maio un percorrido entre Caión e Baldaio
O Concello da Laracha abrirá mañán, lunes 18 de abril, a inscrición para participar no programa Andainas na Primavera. Nela se inclúe tres rutas por espazos naturais de Bergantiños e de Costa da Morte. O propósito é ofrecer á cidadanía unha alternativa de aproveitamento do tempo libre e, ao mesmo tempo, potenciar os estilos de vida saudables. As opcións son as siguintes:
- Ruta da auga polo municipio de Zas o día 24 de abril. Nun percorrido de dificultade moderada e cunha distancia de 9,66 km. O fío condutor sempre será a auga e os participantes poderán desfrutar da presenza de varios muíños e fervenzas como as de Budián, Parga e O Rabiñoso. A saída do bus será desde a Praza do Concello da Laracha ás 9:30 horas.
- Sendeiro Laxe-Traba o domingo 8 de maio será a quenda para a ruta. Dificultade baixa e unha distancia de 7,12 km a carón do mar e bordeando a costa de Laxe, Soesto e Traba. O bus sairá, tamén, ás 9:30 horas.
- Caión e Baldaio o domingo 22 de maio. Trala saída do autobús desde a Praza do Concello ás 10:00 horas, partirase desde o centro sociocomunitario de Caión. Percorrerase o paseo marítimo e o Sendeiro de Saldoiro para chegar á praia da Arnela e rematar a ruta na Pedra do Sal. O percorrido alcanza os 8 km e presenta dificultade baixa.
A participación vai dirixida en exclusiva a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse desde o luns 18 de abril acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981605001.