jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Parroquias

Aberta a inscrición para tres novas andainas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 7, 2022
in Parroquias
2
andainas desde A Laracha en primavera

As andainas son unha alternativa para potenciar a vida saudable (imaxe de arquivo)

0
COMPARTIDA
97
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O domingo 13 e o 27 propóñense andainas en Carballo e Oleiros para o público en xeral

As andainas polo entorno do río Acheiro incluída no Outono Activo e que fora apraza polas condicións climatolóxicas adversas, foi reprogramada para este xoves 10 de novembro. Os participantes sairán en autobús desde a Praza Les Sables d’Olonne ás 10:00 horas e terán transporte de regreso ao rematar o percorrido. Trátase de cinco quilómetros de distancia e dificultade moderada a carón do río. O inicio e fin é o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Concello ou cubrindo en liña o formulario dispoñible na web municipal.

Dito programa vai dirixido a persoas maiores de 55 anos de idade e ten por obxectivo ofrecer a oportunidade de realizar actividade física ao aire libre. Tamén, descubrir lugares e paraxes de alto valor natural, paisaxístico e patrimonial pola riqueza etnográfica dos muíños de auga. Ademais desta andaina polo río Acheiro, xa se fixeran outras dúas bordeando o Bradoso e o Anllóns.

Para todos os públicos

Paralelamente, o Concello da Laracha ten en marcha outro programa de rutas. Trátase das Andainas de Outono, pero neste caso dirixido a todos os públicos e con percorridos fóra do termo municipal da Laracha.

Este domingo 13 de novembro farase a Ruta das Férvedas en Carballo, con inicio na Férveda de Rus e fin na capela de San Paio. E un percorrido de once quilómetros e dificultade moderada.

A última andaina será pola costa de Dexo, en Oleiros, o domingo 27 de novembro. O punto de inicio está previsto en Seixo Branco e o remate, na igrexa de Santa María de Dexo. A distancia é de sete quilómetros e a dificultade é baixa.

En todos os casos o autobús partirá desde a praza Les Sables d’Olonne da Laracha ás 9:30 horas, mesmo lugar ao que regresará ao remate da actividade. A participación vai dirixida a persoas de calquera idade empadroadas no termo municipal da Laracha. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse tamén no Concello ou cubrindo en liña o formulario na web municipal.

Tags: deportesruralsociedad
⬅ Noticia Anterior

Simulacro de rescate de animais mariños na praia de Caión

Siguiente Noticia ➡️

Rehabilitarase a casa reitoral de Montemaior

Siguiente Noticia ➡️
restauran reitoral de Montemaior

Rehabilitarase a casa reitoral de Montemaior

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil