A inscrición as andainas e gratuíta e requírese cubrir o formulario que estará dispoñible na web municipal
O Concello organiza andainas guiadas para persoas maiores de 55 anos.Trátase dnha oportunidade para coñecer polo miúdo os bonitos cornechos do territorio e unha maneira de estar en forma neste outono. Unha aposta pola saúde e o lecer. Baixo o título de “Xoves de Andainas e Lecer: Muiños e Ríos”, o fío condutor serán os ríos da Laracha. Tamén, os muíños de auga que podemos atopar nestes paseos.
A saída destas rutas será os xoves 7, 14 e 21 de outubro, en bus dende a praza Olonne sur Mer as 10:00 horas:
- 7 de outubro: Ruta da Muiñeira a ritmo do Río Acheiro. Andaina de 4,2 km pola contorna do río Acheiro. Visitárase o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte. A dificultade é baixa.
- 14 de outubro: As Pegadas do Bradoso. Dende a Escola infantil de Cumiáns, andaina de 7 km polo río Bradoso. O discurrir do río entre carballos e castiñeiros. A dificultarde e media-alta.
- 21 de outubro: O vibrar do río Anllóns. Andando dende a praza Olonne sur Mer ata a parroquia de Cabovilaño. 7 km pola beira do río Anllóns. A dificultade é baixa.
- As inscricións son gratuítas e será preciso cubrir o formulario que estará dispoñible na web municipal ou ben acudir ao Concello da Laracha para anotarse.
Lembramos que para profundizar sobre o coñecemento dos muíños de auga temos o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga de Golmar. Conta co distintivo de centro azul. Este museo está aberto ao público os venres o os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden concertarse visitas de grupos en calquera outra data.