O Aberto en Paiosaco foi o remate da tempada nun marco de festa
VII Aberto das cereixas de billarda foi celebrado no marco da Festa das Cereixas en Paiosaco. Logo do torneo chegou a reunión dos equipos para facer balance do ano e perfilar a próxima tempada. Os resultados foron os siguintes:
- Campión: Xan Rodiño (Lúa de Forza de Sanxenxo)
- Subcampión: Eladio (Campo da Feira-Paiosaco)
- Terceiro: Xián coñecido como «Raio Verde» (Lúa de Forza de Sanxenxo)
Categoría feminina
- 1ª Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco)
- 2ª Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo)
- 3ª Raquel (Cochiqueiros-Cerceda)
Categoría infantil
- 1º Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña)
- 2º Miguel Cancela
- 3º Lucas (Cochiqueiros-Cerceda)