A xornada celebrouse nas instalacións situadas na vila de Ponteceso. A proxima será na Laracha, penúltima desta tempada
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) acolleu a 14º xornada de Liga Atlántica de Billarda. Antes do comenzó do xogo en Ponteceso fixeronse dous actos. Jose Gándara Martínez recibiu unha distinción por sus 100 Xornadas de Billarda, e o saque de honra foi para o director do Melga, Ricardo Pérez y Verdes. Os pódios foron para:
Absoluta
- 1 X.Collazo (Campo da Feira-Paiosaco)
- 2 Xan Rodiño (Lúa deForza-Sanxenxo)
- 3 David (Cochiquelros-Cerceda)
Feminina
- 1 Mercedes (APB-A Laracha)
- 2 Marisa (Lua de Forza-Sanxenxo)
- 3 Sonia (Cochiqueiros-Cerceda)
Infantil
- 1 Lucas (Campo da Feira-Paiosaco)
- 2 Abel (Campo da Feira-Paiosaco)
- 3 Kevin (APB-A Laracha)
Equipos
- 1 Campo da Feira-Paiosaco
- 2 Cochiqueiros-Cerceda
- 3 APB-A Laracha
Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen a Ricardo Pérez y Verdes, xerente do MELGA e colaborador da Liga Atlántica de Billarda, por ceder as instalacións do MELGA e pola doación dos magníficos trofeos. Despois da xornada houbo un ágape degustación de empanadas de nécoras e bacallau con castañas doces,t arta de almendra e sobremesa que trouxeron de Baio, a familia de Valentín. Tamén, foi a presentación oficial da sidra Mirándara, elaborada por Miranda e Gándara, dous xogadores de Filloas de Sangue. A proxima xornada será na Laracha, penúltima desta tempada.