O Concello organiza unha visita ao Castro o sábado 18 de marzo a partir das 17 horas.
Así, o Concello da Laracha organiza unha visita guiada: as prazas son limitadas mais a inscrición é gratuia. Neste sentido, o prazo ábrese o venres 10 de marzo. Debe formalizarse no Concello ou chamando ao 981605001. As prazas outorgaranse por orde de inscrición.
O Castro: visita guiada
O Castro de Montes Claros é un dos elementos arqueolóxicos de maior importancia da Laracha. O Concello, despois de adquirir os terreos nos que se sitúa o xacemento, vén desenvolvendo nos últimos anos intervencións dirixidas á súa posta en valor. Esta posta en valor inclúe a primeira fase da escavación arqueolóxica deste antigo poboado fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Vilaño.
Tamén, co propósito de que a veciñanza larachesa poida coñecer o castro de Montes Claros e as intervencións realizadas durante os últimos anos, o Concello organiza unha visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o sábado día 18 de marzo a partir das 17:00 horas.