José Manuel López Varela e Susana Lenguas ten unha reunión de traballo para definir actuacións prioritarias no porto de Caión.
José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, e Susana Lenguas, Presidenta de Portos de Galicia, analizaron o estado actual das infraestruturas e equipamentos. Ademais definiron, na reunión de traballo, as intervencións prioritarias a realizar.
Asi o motivo do encontro foi analizar o estado actual das infraestruturas e dos equipamentos do peirao caionés e definir as intervencións prioritarias a levar a cabo para a súa mellora, conservación e mantemento.
Tamén na reunión participaron os concelleiros Jesús Souto e José Ramón Martínez Barbeito e Evaristo Lareo en representación da Confraría de Pescadores.
O obxectivo común é mellorar o espazo portuario en beneficio da actividade que alí desenvolven os profesionais da pesca e as embarcacións de recreo. Pero tamén da poboacións larachesa en xeral e do sector turístico que actualmente conforma un dos principais motores económicos para a vila de Caión.