Realizada a primeira proba das oposicións.
Realizada a primeira proba das oposicións para a cobertura en propiedade de dúas prazas de auxiliar administrativo.
As oposicións celebraronse o venres 13 de xaneiro. O pavillón Municipal da Laracha acolleu o primeiro exercicio do procedemento selectivo para a cobertura en propiedade de dúas prazas de auxiliar administrativo. O sistema foi de oposición libre.
Ademais das 212 persoas admitidas presentáronse 128 para a realización da proba tipo test eliminatoria. Aqueles aspirantes que a superen serán citados para o seguinte exercicio. En total son tres dos que consta o procedemento selectivo.
Tamén, aqueles que non acrediten estar en posesión do título Celga 3 ou equivalente, deberán superar a correspondente proba de coñecemento da lingua galega.
Así, esta convocatoria, sumada aos procedementos de estabilización de emprego que ten en marcha o Concello, permitirá reducir a taxa de interinidade do persoal municipal. A finalidade é mellorar tanto a calidade e a xestión dos servizos como a atención á cidadanía larachesa.