«Os fogóns do Anllóns» conta cunha concesión de 1’5 millóns de euros de fondos europeos.
O xoves 15 de decembro, no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar, presentouse o Plan de Sostibilidade Turística en Destino do proxecto «Os fogóns do Anllóns«. O acto estivo encabezado polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira. Tamén contou con alcaldes e edís de todos os municipios que forman parte da iniciativa.
Así a Deputación da Coruña puso en marcha á socialización de Plan de Sostiblidade Turística en Destino «Os fogóns do Anllóns».
O proxecto forma parte da Conferencia Sectorial de Turismo e conta cunha concesión de 1’5 millóns de euros de fondos europeos.
Ademais na presentación, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, segundo fontes da Deputación aproveitou para poñer en valor a colaboración institucional para facer realidade este proxecto: Tamén asegurou «que é unha oportunidade moi importante para toda a comarca de Bergantiños».
Os fogóns do Anllóns en Fitur
Xosé Regueira aproveitou a presentación, que tivo lugar na Laracha, para anunciar que éste será un dos proxectos protagonistas dos actos que o seu departamento desenvolverá en Fitur o mes de xaneiro.
Destacar que o proxecto Os fogóns do Anllóns está concibido para ofrecer un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e sostible, e para cumprir cos catro eixes transversais que os fondos Next Generation esixen para acceder ás súas axudas:
- transición verde e sostible: prevé, entre outras accións, a creación dunha rede de miradoiros e doutros espazos novos para usar, por exemplo, como praias fluviais; e tamén limpar e eliminar as especies invasoras nas beiras dos ríos
- mellora da eficiencia enerxética: quere organizar servizos de paseo en embarcacións limpas, rutas de cicloturismo e alugueiro de bicicletas, mesmo en restaurantes, e, sobre todo, apostará polo sendeiro do Anllóns, nuclear do proxecto, de 53 quilómetros que transcorren pola Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana
- transición dixital: as accións irán orientadas a explicar, con realidade aumentada e códigos QR, a gastronomía local, ou a deseñar aplicacións nas que consultar todo o relacionado co proxecto
- competitividade: busca o embelecemento de restaurantes, incentivando, por exemplo, que conten con louza e manteis elaborados na zona. Tamén se potenciarán as feiras e se deseñarán rutas gastronómicas que aposten polo produto de quilómetro 0