«Finde na Neve» é unha viaxe a Loitariegos para practicar esquí dirixida a mozos de 12 a 18 anos.
O Concello ven de anunciar a apertura do prazo de preinscrición para o Finde na Neve. Se vai realizar do 10 ao 12 de febreiro. Se convida a participar a mozos empadroados no termo municipal da Laracha e de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos (nados entre 2005 e 2011).
A iniciativa consiste nunha viaxe á estación invernal de Leitariegos (provincia de León). Inclúe transporte en autobús, aloxamento, pensión completa e a realización dos cursos de esquí.
Ademais, o prazo de preinscrición da viaxe á neve está aberto e pecha o día 31. Tamén pódese tramitar en liña cubrindo o formulario dispoñible na web municipal www.alaracha.gal ou ben acudindo á Casa do Concello.
No caso de que se presenten máis solicitudes de participación que as 25 prazas dispoñibles, para outorgalas realizaríase un sorteo público o 1 de febreiro ás 10:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
A cota que deberán aboar os participantes é de 50 euros ao estar subvencionada a actividade polo Concello da Laracha.