O Programa Harmoniza facilita a conciliación durante as festas do Entroido.
O Concello da Laracha aposta pola conciliación tamén durante o Entroido. Así, o programa Harmoniza presta este servizo a través do programa «Conciliando na Laracha drurante as festas do Entroido».
Ademais o Concello abre a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar. O prazo para solicitar a praza remata o mércores día 15 de febreiro. As persoas interesadas poden tramitar a inscrición ben a través da sede electrónica ou ben acudindo ao Centro de Información das Mulleres. O Centro está no edificio administrativo da Laracha.
O servizo vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Estará en funcionamento o luns 20 e o mércores 22 de febreiro (o Martes de Entroido é festivo local na Laracha) entre as 7:00 e as 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.
Tamén ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo. Según ás necesidades de conciliación de cada usuario, podese escoller entre utilizalo en horario completo ou reducido e coa opción de almorzo. Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son:
- acollida
- coidado
- vixilancia
- realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados
Servizo de Canguros
Ademais, cabe lembrar que no marco do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha o Concello tamén oferta o servizo gratuíto de Canguros. Está dirixido a familias con nenas e nenos desde os catro meses e ata os doce anos de idade que contempla a prestación de coidados básicos e atención nos domicilios, así como o acompañamento de menores fóra da vivenda.
Cada unidade familiar beneficiaria dispón dun máximo de corenta horas anuais para cubrir necesidades puntuais -non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo- de conciliación obxectivamente demostradas por razóns laborais ou sociofamiliares.
As familias interesadas poden solicitar o servizo no Concello. Para o outorgamento das prazas, persoal técnico municipal realizará as oportunas entrevistas para avaliar a situación e as necesidades de conciliación de cada solicitante.