A CEMMA cede á protección civil da Laracha material para o rescate de mamíferos mariños.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) entrega á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha unha padiola para a evacuación de cetáceos.
Tamén entrega carteis informativos sobre as candorcas ibéricas.
As candorcas ibéricas é unha especie mariña que habita no océano Atlántico.
Ademais, no pasado mes de novembro a CEMMA impartira na praia de Caión un obradoiro. Na formación se levaron a cabo simulacros de rescate de tartarugas e de mamíferos mariños. Nos simulacros participaron voluntarios de Protección Civil e veciños en xeral.
Naquel momento recibiran formación relativa ao que se debe facer no caso de atopar un animal desas características no areal. O obxetivo é poder ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia.
Agora, coa dispoñibilidade do material cedido facilitarase a realización das intervencións oportunas ante unha situación desas características.