Comezaron a desenvolverse as actividades culturais e deportivas do programa municipal de inverno 2022-2023.
O público infantil comezou o curso de pequecociña que se vai realizar ata o mes de abril todos os luns pola tarde no centro sociocultural de Lendo. Coa participación de nenos maiores de seis anos de idade, estando todas as prazas esgotadas. O sábado iniciouse a actividade de tiro con arco no pavillón do IES Agra de Leborís, Tamén con boa aceptación do público ao quedar unha única praza dispoñible.
Ademais, xa está en marcha outras culturais como o curso de bailes latinos dirixido a persoas adultas. Se imparte no centro sociocultural de Paiosaco nos seráns dos xoves e no que xa está todo o cupo cuberto.
Así, o mes de febreiro principiarán no edificio de Servizos múltiples dous cursos de informática para adultos:
- un sobre iniciación a internet (martes de 19:30 a 21:00 horas)
- outro sobre o uso do paquete Office (venres de 19:30 a 21:00 horas). En ambos casos hai prazas dispoñibles
Tamén, para marzo está previsto o inicio das últimas disciplinas desta programación municipal. No curso de cociña para adultos alcanzouse o máximo de inscritos. Na actividade de pádel están cubertas todas as prazas para adultos. Soamente quedan dispoñibles na quenda infantil dirixida a nenos nados entre os anos 2008 e 2012.
Inscripcións abertas
Dicir que ainda a inscrición permanece aberta para os nenos no curso de iniciación ao skate co que se estreará o parque de patinaxe municipal; para os adultos nas dúas quendas de arte floral que se impartirán en Montemaior (escola de Cumiáns) e Cabovilaño (centro sociocultural do Regado).
Ademais entre as actividades que se veñen realizando desde outubro, as que comezaron en xaneiro e as que principiarán proximamente xa hai preto de 1.500 persoas inscritas. Esta cifra pon de manifesto a excelente aceptación por parte da cidadanía desta programación cultural e deportiva municipal de inverno.
Sinalar ca cota de inscrición é de 20 euros para toda a duración de cada actividade, presentando descontos para maiores de 65 anos de idade, menores de 18, familias numerosas e aquelas familias nas que todos os seus membros se atopan en situación de desemprego. Tamén hai reducións no prezo a partir da segunda actividade na que se inscriba unha mesma persoa.