A peza de teatro «Soa» está interpretada pola actriz Rogelia dos Outeiros
A Casa da Cultura da Laracha acollerá este domingo a partir das 18:00 horas a peza de teatro Soa. Trátase dun espectáculo protagonizado pola actriz Rogelia dos Outeiro. A obra teatral conta a historia dunha muller maltratada física e psicoloxicamente. Está dirixida por Fran Rei e inspirada no monólogo de Darío Fo La donna sola. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala. Apta para maiores de 12 anos.
Esta era unha das funcións incluída inicialmente tanto nos Venres Teatrais como no programa municipal en torno ao Día internacional contra a violencia de xénero. Pero o Concello tivera que aprazar no seu momento ante as medidas sanitarias preventivas establecidas en novembro na Laracha.
Na organización desta proposta cultural colabora co Concello a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E no marco do programa FalaRedes 2020 e do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.
