jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

O programa de Nadal da Laracha céntrase no público infantil

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 20, 2020
in Entrevistas
0
programa nadal Laracha

programa de Nadal do Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
136
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Haberá sete espectáculos ata o 4 de xaneiro no programa de Nadal

O Concello da Laracha presenta o programa de Nadal que estará centrado principalmente en propostas culturais dirixidas ao público infantil. Suprimirá os eventos máis multitudinarios das edicións anteriores polas actuais restricións sanitarias. Organízase coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e tamén da Deputación da Coruña.

A programación municipal xa principiou durante esta semana nos centros de ensino co festival de teatro infantil no que participou o alumnado dos tres colexios. Para facilitar o distanciamento social, os espectáculos, a cargo de Talía Teatro, leváronse a cabo nos pavillóns dos CEIPs Otero Pedrayo e Alfredo Brañas. Ademais, Papá Noel estivo ao remate de cada función e obsequiou a cada alumno e comunidade educativa con dúas máscaras faciais infantís. Tamén para o alumnado dos colexios foron dirixidos os concursos de postais e de contos de Nadal.

Ademais, no concurso de escaparates, no que se convida a participar a todos os establecementos comerciais con escaparate exterior, o Concello repartirá 1.800 euros en premios. O certame que non se vai realizar é o tradicional concurso de panxoliñas para presenciar as actuacións das asociacións culturais e coros parroquiais.

Espectáculos en directo e cine

A primeira das obras de teatro que se realizarán irá dirixida ao público xuvenil e adulto (maiores de doce anos de idade). Trátase de Soa, que pon en escena a actriz Rogelia dos Outeiros. Será hoxe, domingo 20 de decembro, a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

Os demais eventos do programa serán todos dirixidos ao público infantil, cos seguintes contidos, datas, horarios e lugares de celebración:

  • 22 de decembro. Teatro: Monstros no camiño, de Fantoches Baj. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 28 de decembro. Cine: A galiña Turuleca. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 29 de decembro. Teatro: Cocer e cantar, de Títeres Seisdedos. Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h.
  • 29 de decembro. Teatro: Os romeiros do caracol, de Fantoches Baj. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.
  • 30 de decembro. Teatro: Iván e o lobo gris, de Musicreques. Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
  • 4 de xaneiro. Cine: Copito de nieve. Centro Sociocultural de Paiosaco ás 17:30 h.

En todos os casos a entrada é de balde ata completar a capacidade máxima da sala. Deberanse cumprir todas as medidas de prevención (uso de máscara, hixiene das mans, etc). Debido a que o aforo é moi limitado, en todos os eventos infantís só se permitirá o acceso de nenos sen acompañamento de adultos no interior.

Cabalgata dos Reis Magos

As especiais circunstancias sociosanitarias deste ano obrigan a modificar a tradicional cabalgata. Incluía festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís e concentración dos nenos cos Reis Magos nos tres núcleos urbanos. Nesta ocasión realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro. Deste xeito, os nenos poderán ver aos Reis Magos nas súas carrozas polas rúas tanto da zona urbana como dos principais núcleos rurais.

programa nadal Laracha
Programa de Nadal do Concello da Laracha
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Outorgados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal

Siguiente Noticia ➡️

Entrega de premios na Casa da Cultura

Siguiente Noticia ➡️
premios na Casa da Cultura

Entrega de premios na Casa da Cultura

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil