Trátase do premio María Moliner convocado polo Ministerio de Cultura y Deporte
O proxecto de dinamización da lectura titulado Un libro: una sonrisa do Concello da Laracha recibió o premio María Moliner, o certame nacional que convoca o Ministerio de Cultura y Deporte. Dito galardón foi creado para gratificar o labor de promoción da lectura desenvolvida polos municipios de menos de 50.000 habitantes.
O Concello da Laracha, que recibe o premio por oitava vez, é un dos dous municipios da provincia da Coruña que foron galardoados este ano. A gratificación económica ascende a 2.104,60 euros. Deberán destinarse exclusivamente á compra de libros ou publicacións periódicas para ampliar o catálogo das tres bibliotecas que existen no termo municipal.
Un libro: una sonrisa é froito da cooperación entre diferentes servizos municipais como a rede de bibliotecas e a aula lúdica. O proxecto naceu co dobre obxectivo de animar aos nenos de entre tres e doce anos de idade a desfrutar do pracer de ler. Tamén para implicalos nas diferentes actividades que se levaron a cabo desde as bibliotecas municipais dentro dun ambiente propicio para a lectura. Desenvolveuse ao longo de todo o ano e incluíu, entre outras iniciativas, obras de teatro, contacontos participativos, concurso de marcapáxinas e actividades educativas e formativas como visitas guiadas ás bibliotecas.