jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

Pleno ordinario, 27 de novembro na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 27, 2020
in Entrevistas
0
pleno Laracha novembro 2020

No pleno de A Laracha, minuto de silencio

0
COMPARTIDA
120
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Como é tradicional antes do inicio de cada Pleno ordinario, gardouse un minuto de silencio polas 41 mulleres asasinadas en España no que vai de ano

Hoxe celebrouse o Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro e a sesión comezou coa lectura dun manifesto de rexeitamento da violencia de xénero. Fíxose como un dos actos municipais en conmemoración do 25 de novembro. Nese sentido, e tal e como é tradicional antes do inicio de cada Pleno ordinario, gardouse un minuto de silencio polas 41 mulleres asasinadas en España no que vai de ano.

O Pleno aprobou de xeito unánime o Plan de acción municipal no que se detallan as iniciativas a levar a cabo nos próximos anos para acadar os obxectivos do Pacto das Alcaldías para o clima e a enerxía que impulsa a Unión Europea e ao que está adherido o Concello da Laracha.

O documento presenta dúas partes diferenciadas. Por un lado está o Plan de Acción para a enerxía sostible, que ten como obxectivo a descarbonización do territorio municipal. Reducindo así, as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% para o ano 2030. As iniciativas están centradas no fomento das enerxías renovables y a mobilidade sostible. Tamén, no aumento da eficiencia enerxética en edificios, instalacións e equipamentos públicos e a información e concienciación dos empregados públicos e da cidadanía en xeral.

A segunda parte do plan refírese á adaptación ao cambio climático e foi definida a partir dunha avaliación de riscos, vulnerabilidades e fortalezas. Prográmanse así, unha serie de accións que farán da Laracha un municipio menos vulnerable no futuro. Ademáis, aborda o reto de dar unha axeitada resposta á pobreza enerxética, con tres accións previstas centradas na organización interna municipal, comunicación e participación, e concienciación e sensibilización.

Abstencións do Psoe e Bng

O outro acordo alcanzado no Pleno -neste caso, coas abstencións dos grupos do PSOE e do BNG- foi a aprobación da Conta Xeral do exercicio económico 2019. O alcalde explicou que esta cuestión se elevou ao Pleno “unha vez rematado o período de exposición pública, sen terse presentado ningunha alegación e contando con todos os informes favorables”.  

Así, o orzamento do ano pasado péchase en 10.340.781,41 euros no capítulo de ingresos e de 9.638.053,33 euros no de gastos. O remanente de tesourería ao peche do exercicio económico 2019 situouse nos 3.273.596,95 euros. Gran parte desa cantidade foi incorporada aos orzamentos deste ano para o financiamento de investimentos en infraestruturas municipais e plans de axudas ao tecido comercial para paliar os efectos da crise do coronavirus. José Manuel López Varela concluíu afirmando que a Conta Xeral “recolle a saneada situación económica do Concello”.

O Pleno comezou coa lectura dun manifesto de rexeitamento da violencia de xénero
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

En decembro finaliza o obradoiro de emprego

Siguiente Noticia ➡️

Obras de mellora no municipio

Siguiente Noticia ➡️
obras municipio de Laracha

Obras de mellora no municipio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil