jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

O Psoe da Laracha leva ao pleno tres mocións e preguntas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 26, 2020
in Entrevistas
0
Palomi Rodríguez, Psoe A Laracha

A concelleira do Psoe do Concello da Laracha, Palomi Rodríguez

0
COMPARTIDA
226
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

María Palomi Rodríguez, voceira do grupo socialista da Laracha leva ao pleno cuestións de interés dos veciños

1- Primerira moción no pleno. Elaboración dun regulamento específico de participación cidadá. Que se elabore un Regulamento específico de participación cidadá en diálogo co tecido asociativo e veciñal do municipio que inclúa a elaboración dos orzamentos de maneira participativa. «Hai que buscar a participación cidadán en temas orzamentarios ou nas inversións. A nosa proposta trata de garantir e posibilitar que a veciñanza sexan partícipes nas decisións que se toman dende o Concello e lles afectan directamente en materia de inversións, políticas educativas, sanitarias, medioambientais, e demais», explica o Psoe.

2- Gravacións das sesións plenarias por streaming. «Somos conscientes da necesidade de adaptar a xestión municipal ás novas tecnoloxías, ás esixencias que establece a Lei de transparencia e ao restante marco legal no relativo ao acceso electrónico da veciñanza aos servizos públicos. O sistema de gravación audiovisual das sesións de Pleno que se celebran no Concello, a súa retransmisión en directo vía streaming fará que todas as nosas veciñas e veciños teñan a información de primeira man», afirman Por iso solicitan:

  • a.- Desenvolver os mecanismos necesarios para a emisión en directo dos plenos da Corporación para que sexan accesibles á toda a veciñanza.
  • b.- Crear, na páxina web municipal, unha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións íntegras de todas as sesións para que poidan ser consultadas pola veciñas ou veciños en calquera momento.

3- Recuperación da Atención Primaria presencial. Para isto o Pleno do Concello de A Laracha insta a Xunta de Galicia a:

  • a. Iniciar a recuperación da Atención Primaria presencial para poder ofrecer a mellor calidade asistencial posible.
  • b. Abrir un proceso de recuperación dos profesionais perdidos nos últimos anos, con especial atención á Atención Primaria garantindo a cobertura e substitucións dos profesionais dos centros de saúde para non afastar a asistencia da cidadanía.

Preguntas ao pleno

Así mesmo, Pilar Neira Martínez e María Palomi Rodríguez Castiñeira, concelleiras pertencentes ao Grupo Municipal Socialista do Concello da Laracha preguntarán:

  • 1- Están ultimados os protocolos de seguridade para a utilización por parte das persoas usuarias (federadas e non federadas) das instalacións deportivas na Laracha, para garantir a utilización dos diferentes espazos deportivos con todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias?
  • 2-Os protocolos do Concello axústanse aos que marca a Secretaría Xeral para o Deporte, ou os que marcan as federacións deportivas?
  • 3- Ten previsto realizar algún plan de promoción da práctica deportiva ou algún tipo de actuación para fomentar o deporte?
  • 4- O Grupo Municipal Socialista considera que o parque empresarial/industrial de A Laracha ten unha importancia transcendental no desenvolvemento socioeconómico do noso pobo e que abre un espazo de crecemento económico e de emprego. Ofrecemos o noso apoio para impulsar esa ampliación e por iso formulamos as seguintes preguntas: Ofreceuse chan municipal para a ampliación do polígono? En caso positivo, que chan se ten ofrecido? En que fase se atopan as actuacións para esa ampliación?
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Modernizan e amplían o servizo de recollida selectiva de residuos

Siguiente Noticia ➡️

En decembro finaliza o obradoiro de emprego

Siguiente Noticia ➡️
obradoiro emprego A Laracha V

En decembro finaliza o obradoiro de emprego

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil