A oficina municipal de atención ao consumidor da Laracha (OMIC) atendeu máis de 1.500 consultas no ano 2022.
Ademais da oficina municipal, no rexistro do Concello, presentáronse 250 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Neste sentido, as máis de 1.500 consultas estiveron relacionadas coas facturas de:
- subministro eléctrico
- telefonía
- talleres de reparación de automóbiles
- compras por internet
- paquetes de viaxes
A OMIC é un servizo que se presta no Concello coa finalidade, primeiro, de asesorar sobre os dereitos dos consumidores e, de ser o caso, acompañalos durante todo o proceso da reclamación, desde a preparación da documentación ata o rexistro da mesma.
Aclarar que a maior parte das consultas, máis de 1.200 durante o ano pasado, foron por vía telefónica e realizadas por veciños da Laracha e tamén doutros municipios de Bergantiños e da Costa da Morte.
Rexistro municipal
Destacar que no rexistro do Concello presentáronse un total de 250 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia para que este organismo decidise se se someterían a mediación previa, a arbitraxe de consumo ou serían resoltas mediante outro tipo de vía administrativa.
O Instituto Galego é un organismo dependente da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia
A OMIC da Laracha está a disposición da cidadanía na Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.