domingo, enero 17, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

Presentación das actividades contra a violencia de xénero

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 20, 2020
in Entrevistas
0
Laracha contra violencia de xénero

Campaña na Laracha contra a violencia de xénero

0
COMPARTIDA
152
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Unha das propostas é sacarse unha fotografía xunto ao globo de cómic coa frase que considere mellor representa o seu sentimento de rexeitamento á violencia de xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero. En torno a esa data, o Concello da Laracha desenvolve todos os anos unha programación específica sobre esta temática. Complementa iniciativas, actos e servizos que están á disposición da cidadanía para loitar contra esa lacra social, apoiar ás vítimas e mostrar tolerancia cero cos maltratadores.

Baixo o lema Eu implícome contra a violencia de xénero, onte presentouse a campaña municipal que xa está en marcha adaptada ás circunstancias actuais. Permite a participación cidadá tanto de xeito individualizado como familiar. Tamén é fundamental a implicación do tecido comercial local.

O alcalde José Manuel López Varela, a concelleira de Igualdade, Rocío López, a directora do CIM da Laracha, Ana Aldao, e persoal municipal posaron na Praza do Concello cos carteis que se distribuirán por moi diversos puntos do municipio.

Eu implícome contra a violencia de xénero

A campaña consta de tres partes complementarias entre si:

  • O proxecto Xanelas. Consiste na distribución de carteis en formato globo con frases inspiradoras e potentes contra a violencia de xénero. Son para colocar nas fachadas exteriores dos locais comerciais e das vivendas particulares que o soliciten. As persoas ou empresas que desexen participar deben cubrir o formulario, dispoñible na web municipal, e recibirán o seu cartel de xeito gratuíto.
  • O proxecto Selfie. É unha iniciativa que se levará a cabo a continuación. Consiste nun concurso no que as persoas que desexen deben sacarse unha fotografía xunto ao globo de cómic coa frase que considere mellor representa o seu sentimento de rexeitamento á violencia de xénero. Enviala ao Concello vía correo electrónico para ser publicada no Instagram @Xuventudealaracha. As tres imaxes que obteñan máis “gústame” entre o 23 e o 30 de novembro serán premiadas cunha tableta, un reloxo intelixente e un altofalante portátil. Con esto preténdese a divulgación viral da campaña de concienciación especialmente entre os colectivo dos mozos, acostumados a comunicar a súas ideas e pensamentos nas redes sociais.
  • A terceira das iniciativas de Eu implícome contra a violencia de xénero consiste na distribución de bolsas e de máscaras de cor violeta. Levan gravado sobre un lazo o lema “Eu implícome” e o escudo do Concello da Laracha.

Obra de teatro

O programa municipal en torno ao 25 de novembro tamén inclúe unha función dentro dos Venres Teatrais relacionada coa temática da violencia de xénero. Será o 4 de decembro con Soa, espectáculo protagonizado por unha muller maltratada física e psicoloxicamente á que dá vida a actriz Rogelia dos Outeiros. A peza está dirixida por Fran Rei e inspirada no monólogo de Darío Fo La donna sola. Neste caso o Concello conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro do programa FalaRedes e do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.

Adhesión ao proxecto «A Costa das Mulleres«

O Concello da Laracha está adherido ao proxecto audiovisual do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte. Leva por título A Costa das Mulleres, e ten por finalidade amosar o rol das mulleres, súas vidas e das historias das referentes locais e comarcais. Inclúe unha serie de iniciativas, como a creación da marca propia Na Costa da Morte, rompemos o silencio e a gravación de microvídeos con temática da muller rural. Tamén, a produción dun documental e a creación de xogos interactivos con recoñecemento da violencia de xénero e o ciberacoso.

Portada do microvideos contra a violencia de xénero do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte
Tags: Concello de LarachaeducaciónNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Hoxe e mañá, teatro para adultos e nenos na Casa da Cultura

Siguiente Noticia ➡️

Nova situación epidemiolóxica na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
situación epidemiolóxica Laracha

Nova situación epidemiolóxica na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.