jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

José Manuel López: «A Xunta de Feijóo está comprometida coa Laracha»

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 8, 2020
in Entrevistas
0
José Manuel López Varela

El alcalde José Manuel López Varela en Caión, A Laracha

89
COMPARTIDA
490
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O alcalde da Laracha, José Manuel López, valora a xestión do actual goberno galego e afirma que «ou resto dous partidos ou que propoñen é un pacto anti Feijóo»

As eleccións autonómicas están á volta das esquina. O vindeiro domingo 12 de xullo celébranse comicios nun contexto post pandemia. Por iso, o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, analiza que será o mellor para Galicia

Teniendo en cuenta que o Partido Popular é quen goberna actualmente na Xunta de Galicia ¿que balance xeral fai da xestión a nivel galego?

A xestión do goberno de Feijóo á fronte da Xunta foi sempre exemplar en todas as áreas. Hoxe Galicia ten menos paro que hai unha década e unha taxa de desemprego inferior á do conxunto de España. O investimento en políticas sociais é o máis alto da historia. Con Feijóo de presidente duplicáronse as prazas públicas de atención a persoas maiores ou con discapacidade. Cada ano estamos a bater o récord de turistas, superando os cinco millóns en 2019. A educación pública galega é pioneira en impartir materias como a robótica ou a programación, e estamos nos primeiros postos nacionais no investimento en universidades. E en sanidade pública estase destinando máis do corenta por cento do total do orzamento, máis que nunca. Nunha crise sanitaria tan complicada como a que estamos vivindo, a xestión da Xunta mereceu a felicitación do Goberno central. Posibilitou que Galicia fose a primeira comunidade en saír do estado de alarma. Por todo iso, polos feitos, na figura de Feijóo o Partido Popular ten o mellor candidato e Galicia, o mellor presidente.

¿En que se beneficiou o Concello da Laracha durante esta mesma xestión?

A Xunta de Galicia de Feijóo está comprometida coa Laracha e sempre o demostrou con feitos e con investimentos neste concello. En materia sanitaria, acábase de ampliar o centro médico e PAC da Laracha. En emprego, preto de 400 persoas participaron nos obradoiros duais e xuvenís polos que apostamos no concello e na Xunta. Para formar a desempregados e realizar obras públicas de interese xeral. En educación, construíse o novo edificio de infantil no CEIP Otero Pedrayo. En servizos sociais, con Feijóo na Xunta creouse e púxose en funcionamento o centro de día e fogar residencial. Aumentáronse as horas de atención domiciliaria a dependentes e ampliáronse as prazas na escola infantil. Mellorouse a mobilidade coa creación das sendas peonís e ciclistas na AC-552. Actuacións na rede viaria en todas as parroquias e coa integración da Laracha no Plan de Transporte Metropolitano. Na ampliación da depuradora do Formigueiro investiuse case un millón e medio de euros, e máis de catro millóns na transformación do porto de Caión. E tamén contamos co apoio da Xunta na construción do centro comunitario de Caión. Tamén das pistas polideportivas a carón do instituto e do pavillón do colexio da Laracha.

¿Por que hai que volver votar ao candidato do PP nestas eleccións?

Porque a xestión de Feijóo é a súa mellor carta de presentación ó ofrecer unidade, experiencia, estabilidade, confianza e certezas baseadas en feitos. É o mellor presidente, conta cun excelente equipo e é o único candidato que pode garantir que traballará integramente sobre o seu programa electoral desde o día seguinte ó das eleccións sen depender de pactos con outras formacións.

¿O candidato do PP ao goberno galego repetirá maioría absoluta? ¿Como se podería compoñer o Parlamento de Galicia tras o 12 de xullo?

Penso que Feijóo obterá unha nova maioría absoluta e considero que agora iso é máis necesario que nunca. No momento actual é fundamental que en Galicia teñamos un goberno forte, estable e coas ideas claras para seguir tomando as decisións axeitadas para dar resposta ós problemas dos cidadáns.

¿Que valoración fai José Manuel López Varela dos distintos partidos políticos que se presentan a estes comicios?

Eu o único que podo valorar e a excelente xestión realizada na última década polo Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia. E o seu proxecto de futuro plasmado no programa electoral. O resto dos partidos o que propoñen é un pacto anti Feijóo.

Algo máis para agregar…

Quero incidir na importancia que para A Laracha ten contar na Xunta de Galicia cun goberno forte, estable e implicado con nós. Neste concello fixéronse grandes actuacións na última década que non se poderían levar a cabo sen unha Xunta comprometida. E con Feijóo de presidente temos a certeza de que o seguirá estando.

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha e xunto a Alberto Núñez Feijóo
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Hidroeléctrica de Laracha presume de trayectoria y cercanía con sus clientes

Siguiente Noticia ➡️

Mellora na parada de taxis xunto á praza do Concello

Siguiente Noticia ➡️
taxis Concello da Laracha

Mellora na parada de taxis xunto á praza do Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil