jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

Os populares da Laracha levan a pleno a inquietude das industrias situadas no litoral galego

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 25, 2020
in Entrevistas
0
populares laracha inquietude

"A inquietude foi compartida pola Xunta de Galicia que estivo ao lado dos afectados dende hai máis dun ano"

0
COMPARTIDA
73
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Non pleno municipal de hoxe, trasládase a inquietude dás persoas vinculadas ao mar e activides afíns

A modificación do regulamento xeral de Costas iniciada polo goberno socialista de Pedro Sánchez ten xerado desde o seu inicio unha grande inquietude entre as industrias situadas no litoral galego. «Esta situación podería ocasionar graves prexuízos a máis dun cento de empresas e outras actividades asentadas no litoral. De feito, a estrita interpretación da normativa actual xa está a afectar a algunhas empresas que viron como a renovación da prórroga das súas concesións se producía por un tempo inferior a un ano», afirman desde el PP da Laracha.

«Esa inquietude -engaden- foi compartida pola Xunta de Galicia que estivo ao lado dos afectados dende hai máis dun ano reuníndose con eles e con representantes locais e expresando as súas reservas ante o Ministerio de Transición Ecolóxica. O Grupo Parlamentario Popular recolleu tamén esa inquedanza social e rexistrou unha proposición non de lei que foi aprobada no Pleno de 29 de abril de 2019″.

O texto da proposición dice que o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno do Estado o seguinte:

  • Dar traslado  á  Xunta  dun  informe  exhaustivo  sobre  todas  as  concesións  que se  verían  afectadas  pola  modificación  do Regulamento  de  costas.  En  concreto,  de todas aquelas que xa non poderían ser obxecto de prórroga ningunha.
  • Que, de tramitarse unha modificación do Regulamento de costas, se adapte á lei que lle serve  de  cobertura  e,  polo  tanto,  que  se  retire  na  súa  redacción  actual  por  non axustarse á dita normativa.
  • O procedemento de reforma do Regulamento xeral de costas (RD 876/2014, do 10 de outubro) se desenvolva con escrupuloso respecto aos principios de legalidade, de xerarquía normativa consagrado no artigo 9.3 da Constitución española de 1978, e de transparencia na información relativa ao dito procedemento de reforma e coa participación de toda a cidadanía, sectores afectados e institucións, sometendo de novo a consulta pública o borrador de regulamento á vista das alegacións recibidas.

Moción no pleno ordinario

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal Popular propón ó Pleno da Corporación instar ao Goberno de España a:

  1. Deixar sen efecto a proposta de modificación dos prazos concesionais en zona de dominio público marítimo-terrestre formulada a través do artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética.
  1. Que desista do seu propósito de tramitar unha modificación das condicións da ocupación de dominio público marítimo-terrestre que interprete e restrinxa de forma arbitraria a duración das prórrogas extraordinarias reguladas pola Lei 2/2013 de protección e uso sostible do litoral, tal e como sucedía co proxecto que someteu a consulta pública a comezos de 2019 e co actual integrado no proxecto de Lei do cambio Climático e a Transición Ecolóxica.
  1. No caso de manter este propósito de modificación das condicións da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, o someta a unha nova consulta pública con prazo suficientemente amplo para permitir e facilitar a remisión de alegacións por parte de administracións e axentes sociais afectados.
  1. Rectificar o cambio interpretativo que está a aplicar na resolución das solicitudes de prórroga de concesións en zona de dominio público marítimo-terrestre, posto que o Consello de Estado corroborou que a lei actual permite as prórrogas de 75 anos.
Tags: Concello de LarachaempresasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

O Psoe demanda a remodelación de espazo público en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Operativos tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no Concello

Siguiente Noticia ➡️
tres punto de recarga eléctrica de vehículos na Laracha

Operativos tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil