O grupo municipal levará ao pleno de mañá a necesidade de crear un área canina no Concello
O Bng da Laracha levará ao próximo pleno ordinario da corporación unha moción na que demanda a creación dunha área canina e outras medidas en relación coas mascotas como o control da implantación do chip. Además, duas preguntas. Unha sobre o peche da escola unitaria de Cumiáns en Montemaior e outra relativa a un terreo no casco urbano da Laracha cheo de maleza.
Adopción de medidas
- Dotación da área canina, prometida na campaña electoral das municipais polo partido que goberna, recollendo as suxestións expostas neste texto anteriormente.
- O concello promoverá campañas de concienciación da importancia e obrigatoriedade do microchipado, así como campañas específicas, en colaboración con clínicas veterinarias.
- Continuar e aumentar, cando sexa posíbel, convenios coas asociacións protectoras para a recollida de animais deambulantes, que son quen soportan o maior peso económico e carga de traballo derivada do incivismo e incumplimento da lei por parte de quen abandona un animal.
- Reclamar do Goberno da Xunta de Galiza unha dotación económica para axudar ao concello a sufragar os gastos derivados da Lei de Protección animal, pois a súa aplicación non debe supoñer un gasto engadido as entidades locais.
Por outra banda, Xoán Sande, portavoz do grupo municipal, infoma que tamén mañá, debaterase na Comisión de Educación do Parlamento de Galiza unha iniciativa do Bng sobre a escola unitaria de Cumiáns en Montemaior. En concreto trátase dunha Proposición Non de Lei (PNL) na que demandan que se manteña aberta esta escola rural, a única que quedaba no concello da Laracha ao remate do curso pasado.