martes, enero 19, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico Entrevistas

Ana María Gil, veciña de Caión, premiada pola Real Academia Galega

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 16, 2020
in Entrevistas
1
Ana María veciña da Laracha

Ana María é tercer premio de microrelato 2020 na Real Academia Galega

628
COMPARTIDA
1.1k
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Ana María Gil Rey escribe por hobby desde os 12 anos. Está graduada en Dereito pola USC e posúe a cátedra en Sostibilidade e Innovación Social. Traballa na empresa Milbrait e aspira a opositar ao Corpo Superior dá Xunta de Galicia

Ana María é unha moza de 22 anos, veciña de Caión, A Laracha. Acaba de ganar un dos premios do terceiro concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal o pasado mes de febreiro. «Sombras» é una explosión literaria, son 36 palabras «cheas de intensidade narrativa», afirman os organizadores

¿Quen é Ana María Gil Rey no seu día a día?

Definiríame como unha persoa con moitas inquedanzas, curiosa por natureza. O ano pasado rematei o grao en Dereito na USC e en setembro recibín un premio polas calificacións obtidas no curso 2018-2019. Posteriormente cursei a Cátedra de Sostibilidade e Innovación Social INDITEX-UDC, que finalicei recentemente. Na actualidad traballo con miña irmá na súa empresa, Milbrait, que é unha consultora tecnolóxica que axuda ás empresas a levar a cabo a transformación dixital e ademais ofrece formación en materia de novas tecnoloxías e intelixencia artificial. Agora ando traballando tamén en novos proxectos. No meu tempo libre escribo, pinto ou practico natación. Gústame moito aprender cousas novas, é moi difícil describir con palabras esa sensación que nos embarga cando aprendemos algo novo. Creo que a vida é iso, unha aprendizaxe constante.

¿É a primeira vez que te presentas a un concurso literario?

Non. Escribo como hobby dende os 12 anos e durante a ESO teño gañado algún concurso. Recordo con especial agarimo o premio de narrativa «O Facho», que gañei con 13 anos. Era un premio a nivel autonómico e o que máis ilusión me fixera fóra saber que no xurado se atopaba Xabier P. Docampo. Admirábao moito! Encantábanme os seus libros e coñecelo foi un deses momentos que nunca se esquecen. Conservo a foto e o libro firmado como se dun tesouro se tratase. Era unha gran persoa, entristeceume moito a súa perda.

¿Que te impulsou a facelo nesta oportunidade?

Hai casos nos que ti elixes a historia e outros nos que a historia te elixe a ti. Cando vin as bases inmediatamente me viñeron as palabras á cabeza. Era cuestión de ordenalas e tratar de condensar en poucas palabras a situación que se plantexa no microrrelato.

«Sombras» é o título da túa obra premiada, ¿qué te motivou a escribir estas 36 palabras?

É difícil contestar esta pregunta sen desvelar sobre que versa a obra. Diría que por desgraza hai demasiados temas cos que a sociedade non está moi sensibilizada. Creo que é preciso visibilizalos e tentar que se perciban dende unha perspectiva máis humana, pois ao fin e o cabo é o que somos.

Tes só 22 años, ¿cales son os tus propósitos ou metas personais e literarias?

Gustaríame adicar uns anos a proxectos de sostibilidade no sector textil, tanto dende a perspectiva ambiental como dende a óptica da innovación social. A longo prazo plantéxome opositar ao Corpo Superior da Xunta de Galicia, gústame estudar e encántame o dereito así que o vexo como unha opción moi factible. En canto ás metas literarias son consciente de que é moi complicado vivir só da escritura pero teño en mente seguir escribindo, nun futuro gustaríame publicar unha novela ou un poemario. Creo que as persoas estamos cheas de historias que contar, trátase de atopar o momento.

Ana María Gil Rey, Caión, A Laracha
Ana María Gil Rey en Caión
Tags: culturaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Más preocupados por el desempleo que por la covid-19

Siguiente Noticia ➡️

As cachelas e fogueiras de San Xoán só poderán realizarse en fincas privadas

Siguiente Noticia ➡️
San Xoán na Laracha

As cachelas e fogueiras de San Xoán só poderán realizarse en fincas privadas

Opiniones 1

  1. Soledad del campo says:
    7 meses ago

    Enhorabuena. Sois dos hermanas muy luchadoras y me encanta veros triunfar.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.