Aínda hai prazas dispoñibles na maior parte das actividades
O programa municipal de actividades de verán comezou a desenvolverse o primer día de xullo principalmente para o público infantil e xuvenil. Medio centenar de rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos xa viaxaron ata Santiago de Compostela para asistir ao Diver Jump Trampoline Park, instalación onde realizaron actividades recreativas.
Nesta semana (de hoxe día 4 ao 8 de xullo) realizarase no pavillón do IES Agra de Leborís o campamento urbano, no que xa se cubriron todas as prazas. Primeira quenda do campamento de Caión (prevista do 4 ao 8 de xullo) cancélase por non contar co mínimo de inscritos. Segunda quenda da misma actividade do 11 ao 15 de xullo.
Permanece aberta a inscrición na maior parte das actividades, como nos tradicionais campus dos deportes máis practicados no termo municipal da Laracha:
- fútbol do 18 ao 22 de xullo e en dous grupos nos campos Municipal da Laracha (5 a 11 anos) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos)
- baloncesto dirixido a rapaces de entre 5 e 15 anos e realizarase no pavillón Municipal da Laracha do 1 ao 5 de agosto
- Ver más propostas nas imáxenes de debaixo
Moita diversión
Outras propostas para o público infantil serán a saída para practicar kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo) e paintball en Valdoviño (8 de agosto). Xa están esgotadas todas as prazas para Humor Amarelo (11 de agosto) o circuíto de karts a pedais de Paiosaco (18 de agosto) e o cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión (22 de agosto).
Para o público xuvenil e adulto permanece aberta a inscrición en todas as actividades:
práctica do kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo)
tirolina xigante e Ruta dos Fornos na Pontenova (28 de xullo)
xornada no circuíto de karting de Vimianzo (9 de agosto)
rocódromo na Coruña (12 de agosto)
paintball en Valdoviño (19 de agosto)
Humor Amarelo na Coruña (23 de agosto)
rafting no río Ulla (25 de agosto)
As inscricións poden formalizarse acudindo ao Concello ou cubrindo o formulario en liña dispoñible na web municipal alaracha.gal.