jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Xornadas de seguridade viaria na que participan máis de 800 alumnos dos colexios da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 10, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Xornadas de Seguridade Viaria aos alumnos dos colexios da Laracha.

Xornada de Seguridade Viaria aos alumnos dos colexios da Laracha.

0
COMPARTIDA
13
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Policía Local imparte xornadas de seguridade viaria na que participan máis de 800 alumnos dos CEIP Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

Os máis de 800 alumnos de educación infantil e primaria dos CEIP Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión participan nos propios centros de ensino nunhas xornadas de Seguridade Viaria impartidas pola Policía Local da Laracha.

A actividade, que está a ter unha excelente acollida nas comunidades educativas, é organizada polo Concello no marco do Plan Local de Infancia e Adolescencia coa finalidade de formar aos participantes en aspectos básicos de seguridade viaria que lles serán de utilidade nas súas vidas cotiás ao desprazarse a pé ou en calquera medio de transporte.

As sesións constan de tres partes diferenciadas, que se van realizando en grupos reducidos para axilizar o seu desenvolvemento. En primeiro lugar, reciben formación sobre sinalización viaria, explicándolles o significado dos indicadores máis habituais nas estradas. A continuación realizan percorridos polo circuíto en karts a pedais (simbolizando aos vehículos a motor) e patinetes, guiados en todo momento por efectivos da Policía Local e de Protección Civil para facerlles cumprir a sinalización e a normativa de tráfico. Na terceira fase da xornada convídaselles a coñecer os vehículos da Policía Local e todo o seu material, así como a facer preguntas aos axentes para resolver todas as dúbidas sobre o labor que desenvolven.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acudiron hoxe ao CEIP Otero Pedrayo para interesarse polo desenvolvemento destas xornadas.

O Concello da Laracha mostra o seu agradecemento ao Concello de Narón pola colaboración que permitiu a realización desta iniciativa.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

O Concello festexará As Letras Galegas con unha ampla programación municipal

Siguiente Noticia ➡️

Obras de mellora da estrada de Caión entre O Outeiro e a DP-1913

Siguiente Noticia ➡️
obras de mellora da estrada entre O Outeiro e a DP-1913.

Obras de mellora da estrada de Caión entre O Outeiro e a DP-1913

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil