jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O renovado ximnasio da piscina municipal reabrirase nos primeiros días de 2024

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 27, 2023
in A Laracha, En Portada
0
O renovado ximnasio da piscina municipal reabrirase nos primeiros días do novo ano.

O alcalde e os concelleiros de Deportes e Obras supervisaron as obras de instalación do novo pavimento.

0
COMPARTIDA
15
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello ten en execución o proxecto de mellora das instalacións do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha.

O Concello ten en execución o proxecto de mellora das instalacións do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha.

Ademais de avanzar na actualización das fachadas exteriores e na mellora da impermeabilización, a fase que centra as obras nestes días afecta ás diferentes salas do ximnasio, que están a ser obxecto dunha renovación integral. O alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e o edil de Obras Públicas, Pablo Cambón, visitaron o complexo -xunto ao responsable da empresa concesionaria da xestión- para supervisar os traballos de colocación do novo pavimento, que presenta dous tipos de superficies adaptadas ás necesidades dos ámbitos de actividades e de musculación. As intervencións culminaranse co pintado de todas as salas e a substitución completa das catro máquinas cardiovasculares (dúas cintas de correr e dúas de suspensión elíptica), as dezaseis de musculación e o equipamento de peso libre. Ademais, na sala de spinning xa foi realizada a mellora da climatización.

A previsión do Concello é que o renovado ximnasio reabra nos primeiros días do ano 2024, ofrecéndolles aos usuarios uns equipamentos máis modernos, atractivos, eficientes e confortables para a práctica da actividade física.

As actuacións que restan por realizarse neste complexo deportivo son as da zona do vaso da piscina, onde se actuará para reducir os desbordamentos que se producen na praia, especialmente nos momentos de maior uso da instalación, o que suporá un impacto positivo tanto no aforro de auga como na eficiencia enerxética. 

En total o investimento supera os 180.000 euros que cofinancian o Concello con fondos propios municipais e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Entregados os premios do concurso de postais de Nadal

Siguiente Noticia ➡️

O Goberno Local presenta á corporación o maior orzamento da historia do Concello

Siguiente Noticia ➡️
Maior orzamento da historia do Concello da Laracha.

O Goberno Local presenta á corporación o maior orzamento da historia do Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil