viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Xabier Maceiras presentou o seu último libro

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 26, 2023
in A Laracha, En Portada
0
Xabier Maceiras presentou o seu último libro.

Presentación do último libro de Xabier Maceiras.

0
COMPARTIDA
25
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O escritor, historiador e documentalista arteixán Xabier Maceiras vén de publicar o seu novo libro: Os bailes dos avós. Músicas e salóns da Laracha de atano.

O escritor, historiador e documentalista arteixán Xabier Maceiras vén de publicar o seu novo libro: Os bailes dos avós. Músicas e salóns da Laracha de atano. Fixo a presentación na Casa da Cultura da Laracha acompañado polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira Patricia Bello e máis de cincuenta persoas que acudiron como público.

O alcalde comezou o acto agradecendo o labor do autor por recuperar esta parte do patrimonio municipal que permanece na memoria dos veciños de máis idade do municipio. Tamén fixo un percorrido polas antigas salas de baile das que el oíu falar, citando o salón que houbera no que despois foi o cine Tenerife -emprazado moi preto da actual Casa do Concello-, o salón do Regado, e tamén o antigo teleclub do Igrexario de Cabovilaño, parroquia do que é natural o rexedor municipal.

Xabier Maceiras explicou que o libro está dividido en corenta e catro capítulos -que son outras tantas historias diferentes- nos que fala tanto dos antigos salóns como dos músicos da Laracha. O autor agradeceu a colaboración da veciñanza, “os verdadeiros protagonistas”, xa que na obra se recolle a información recabada nas conversas que mantivo con moitas persoas do municipio, algunhas delas presentes no acto de hoxe. 

Como historia máis especial do libro destacou a da saxofonista Carmen Mallo, natural de Erboedo, e que nos anos máis duros da posguerra amenizaba os bailes da bisbarra tocando coa Orquestra da Maricaina. Tamén apuntou que o prólogo foi escrito polo artista Xabier Díaz.Os bailes dos avós. Músicas e salóns da Laracha de atano xa está á venda e pode mercarse nas principais librerías da Laracha, Carballo e Arteixo.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

As bibliotecas municipais adaptan o seu horario ao verán

Siguiente Noticia ➡️

Programa da Festa das Cereixas

Siguiente Noticia ➡️
Programa Festa das Cereixas.

Programa da Festa das Cereixas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.