Icono del sitio El Diario de A Laracha

Programa de voluntariado medioambiental en Portugal

Programa de voluntariado medioambiental en Portugal.

Novo programa de voluntariado medioambiental.

O Concello oferta 6 prazas para que mozos laracheses participen nun programa de voluntariado medioambiental en Portugal.

O Concello oferta seis prazas para que mozos laracheses de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos participen nun programa de voluntariado medioambiental que se vai celebrar durante quince días, do 8 ao 22 de setembro, entre as localidades portuguesas de Porto, Gondomar, Paredes e Valongo.

Trátase dunha iniciativa da Asociación para a Cidadanía Europea “Caravela” do país veciño, que conta co financiamento da Unión Europea e que estará centrada no desenvolvemento de accións de preservación da natureza e na promoción de comportamentos medioambientalmente sostibles, ademais de abordar a inclusión e a diversidade como desafíos sociais.

O programa contempla polas mañás actividades relacionadas coa temática do proxecto tales como charlas informativas e ponencias, entre outros eventos. Polas tardes realizaranse visitas culturais.

A inscrición é gratuíta para os participantes, xa que a organización asumirá integramente os custos do transporte, aloxamento, manutención e de todas as actividades que se desenvolvan nesas dúas semanas.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deben formalizar a súa preinscrición cubrindo en liña o formulario que está dispoñible na web www.alaracha.gal ata este xoves (10 de agosto). Os únicos requisitos son estar empadroado no termo municipal da Laracha, ter entre 18 e 30 anos e dispoñer da tarxeta sanitaria europea. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, farase un sorteo público para outorgalas.

A participación da Laracha neste proxecto é froito das relacións establecidas polo Concello con outros municipios e entidades de diversos países do continente no marco dos programas no marco do programa Europe for Citizens co apoio da Unión Europea.

Cartel do programa do voluntariado mediambiental
Salir de la versión móvil