viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Campo de voluntariado no Castro de Montes Claros

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 13, 2023
in A Laracha, En Portada, Sociedad
0
Campo de voluntariado no Castro de Montes Claros.

Castro de Montes Claros na Laracha.

0
COMPARTIDA
22
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Campo de voluntariado internacional realizarase no Castro de Montes Claros entre o 26 de xullo e o 6 de agosto.

O Concello, coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organiza o campo de voluntariado internacional que se vai realizar no Castro de Montes Claros entre o 26 de xullo e o 6 de agosto.

Aínda quedan prazas dispoñibles para formar parte deste programa dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos procedentes de calquera país do mundo, incluíndo tamén o territorio nacional e as persoas residentes na Laracha e na Costa da Morte.

Os campos de voluntariado dan a oportunidade aos mozos de vivir unha experiencia única baseada en dous aspectos fundamentais: prestar un servizo de interese xeral á comunidade e reforzar os valores sociais a través da participación grupal con persoas procedentes doutras comunidades e países. Ao mesmo tempo, os voluntarios tamén desfrutarán de actividades de lecer complementarias.

Intervencións

Continuando coas intervencións desenvolvidas no Castro de Montes Claros en anos precedentes noutros campos de voluntariado de similares características a este, nesta ocasión o traballo específico consistirá, fundamentalmente, en tarefas auxiliares de colaboración na segunda escavación do xacemento como a limpeza dos afloramentos rochosos nos que é precisa a intervención manual ante a posibilidade de atopar petroglifos.

Previamente os participantes recibirán formación relativa á identificación das estruturas do poboado fortificado e das paisaxes históricas. Tamén se fará especial fincapé no mantemento da biodiversidade animal e vexetal, fomentando o respecto e interese por preservar as paraxes de interese arqueolóxico, pero tamén aquelas que presentan riqueza medioambiental, etnográfica e patrimonial.

Ese traballo específico no castro levarase a cabo polas mañás, sempre baixo o control da dirección do obradoiro e con supervisión arqueolóxica.

Nas tardes e nas fins de semana os voluntarios realizarán outra serie de actividades de tipo educativo, didáctico e cultural que tamén lles permitirá coñecer o termo municipal da Laracha, a súa historia e tradición.

Durante a súa estancia aloxaranse nas instalacións do centro sociocultural de Santa Margarida (antigo hospital dos peregrinos de Montemaior). A organización asumirá ao completo os custes da estancia e manutención dos participantes, así como das actividades culturais que realicen.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Novo proxecto de programa integrado de emprego

Siguiente Noticia ➡️

Festas do Corpus e do Carme en Caión

Siguiente Noticia ➡️
Festas do Corpus e do Carme en Caión.

Festas do Corpus e do Carme en Caión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.