domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

SEA e Concello da Laracha avanzan na planificación da segunda fase do polígono industrial

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
octubre 11, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Reunión entre SEA e o Concello para avanzar no proxecto de ampliación do polígono industrial.

Reunión entre SEA e o Concello para avanzar no proxecto de ampliación do polígono industrial.

0
COMPARTIDA
13
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O polígono industrial crecerá nun total de 332.836 m2, superando o millón de m2 de superficie total.

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), e parte do seu equipo técnico, reuníronse no Concello da Laracha co alcalde, José Manuel López Varela, os edís José Ramón Martínez e Pablo Cambón, e técnicos municipais para avanzar no proxecto de ampliación do polígono industrial. 

Ademais de aclarar e buscar solucións a aspectos técnicos que xorden do proxecto, previron que en novembro poderán presentar o proxecto estruturante, é dicir, a tramitación administrativa que permitirá poñer en marcha o plan de urbanización. “Un paso máis para responder á demanda de solo industrial na zona, consolidando un polo de actividade industrial no eixo atlántico», explica Beatriz Sestayo.

O polígono da Laracha crecerá nun total de 332.836 metros cuadrados, o que supón que alcanzará unha superficie que superará o millón de metros cuadrados. Ocupado en máis dun oitenta por cento –quedan parcelas libres de entre 1.200 e 21.000 metros cadrados–, ten unha importante demanda de solo por parte de distintas empresas, que poñen en valor non só a súa excelente situación, senón tamén as atractivas condicións ofrecidas desde SEA.

A ampliación, que se desenvolverá nun espazo lindeiro, foi licitada por SEA a finais do mes de xaneiro e a intención da entidade estatal é «axilizar ao máximo os trámites para responder á demanda de solo industrial nun parque empresarial que é xa un referente empresarial en Galicia». Conta na actualidad con 25 empresas entre as que se atopan Inditex, Abelas Alexan, J. Esmorís e Hijos ou Unifersa.

O alcalde da Laracha aproveitou a reunión para informar á xerente de SEA do inminente inicio das obras de mellora da mobilidade e accesibilidade no parque empresarial. Concello e Xunta de Galicia investirán 213.000 euros na apertura dunha nova vía na entrada sur que enlazará o acceso principal co aparcamento, permitindo saír e entrar do ámbito industrial sen necesidade de circular polas vías interiores. Tamén se inclúe a construción dun novo tramo de beirarrúa, coa conseguinte creación de espacios de aparcamento, ampliación do alumeado público e melloras nas redes de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais. Os traballos comezarán a executarse o luns.

Características do Parque Empresarial da Laracha

  • Superficie Bruta: 825.249 m².
  • Superficie Neta: 537.925 m².
  • Edificabilidade Industrial: 326.199 m².
  • Edificabilidade Terciaria-Mixta: 240.865 m².
  • Edificabilidade Total: 567.064 m².
Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

O "Outono de Contos" regresa para promocionar a lectura con propostas para todos os públicos

Siguiente Noticia ➡️

En marcha o proxecto de mellora do pavimento no Sendeiro de Saldoiro

Siguiente Noticia ➡️
En marcha as obras de mellora do pavimento no Sendeiro de Saldoiro.

En marcha o proxecto de mellora do pavimento no Sendeiro de Saldoiro

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil