O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil delegada da área de Educación, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa dirección do IES Agra de Leborís.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil delegada da área de Educación, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa dirección do IES Agra de Leborís e con representantes da Asociación de Nais e Pais (ANPA) Manuel Murguía dese mesmo centro.
O Concello convocou a xuntanza para analizar a problemática que presenta o instituto ante o progresivo incremento de alumnado matriculado que se rexistrou nos últimos anos. Esta circunstancia implica novas necesidades, principalmente relacionadas cos espazos dispoñibles no centro e o aumento do profesorado. Deste xeito evitaríase unha maior ratio de alumnos por aula e facilitaríanse tanto os desdobramentos de mestres para procesos formativos que así o aconsellen como implantar medidas de atención á diversidade en beneficio dos alumnos que presentan necesidades educativas especiais.
O alcalde e a edil de Educación comunicaron aos membros da comunidade educativa do instituto que o Concello ten solicitada unha reunión co conselleiro de Educación para informar da situación e trasladarlle as demandas oportunas na procura dunha solución á esta problemática.