O Concello iniciou o expediente de contratación do proxecto de mellora de parques infantís.
O Concello iniciou o expediente de contratación do proxecto de mellora de parques infantís de titularidade municipal. A finalidade é renovar e modernizar os equipamentos e facelos máis atractivos, cómodos e seguros para os seus usuarios.
Así a iniciativa comezara coa elaboración dunha auditoría para coñecer o estado actual dos dezanove parques infantís existentes no concello, determinar as necesidades que presenta cada un deles e en cales é prioritario actuar.
También en base a dita auditoría, redactouse o proxecto valorado en máis de 50.000 euros que inclúe intervencións en cinco localizacións diferentes: tres delas no núcleo urbano da Laracha, en concreto nos parques infantís:
- da Praza do Concello
- da praza O Recreo
- do parque Maximino Canedo, en Caión no situado na Insua xunto ao colexio
- e tamén no existente no Cruceiro de Lendo, a carón do centro sociocultural desa parroquia
En todos os casos contémplase a reparación e renovación dos xogos e a substitución do actual pavimento de lousas de caucho por outro continuo de absorción de choques para mitigar o impacto ante posibles caídas dos nenos.
O proxecto será cofinanciado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.