jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

A Xunta de Goberno adxudica a reforma da reitoral de Montemaior e o servizo de roza

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 16, 2024
in A Laracha, En Portada, Parroquias
0
A Xunta de Goberno adxudica a reforma da reitoral de Montemaior e o servizo de roza.

Casa reitoral de Montemaior.

0
COMPARTIDA
12
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello completou os procedementos de contratación da reforma da casa reitoral da parroquia de Montemaior e tamén do servizo de roza.

O Concello completou os procedementos de contratación da reforma da casa reitoral da parroquia de Montemaior e tamén do servizo de roza de vías e parcelas de titularidade municipal coa adxudicación dos contratos por parte do órgano competente, a Xunta de Goberno Local.

Reforma da reitoral de Montemaior

No caso da rehabilitación da histórica edificación de Montemaior, tal e como se anunciara trala valoración pola Mesa de Contratación das ofertas presentadas, a intervención será executada por Iam Rumbo Instalacións y Obras S.L. O orzamento ascende a 713.000 euros para transformar a antiga reitoral nun espazo multifuncional que sirva de punto de encontro para a veciñanza, centro de referencia para o sector primario e albergue xuvenil, entre outros usos. O proxecto respectará a estrutura da edificación, pero cunha nova distribución.

A planta baixa quedará dividida en varias estancias mediante tabiques móbiles que permitirán flexibilizar os espazos nos que acoller reunións, eventos, cursos e actividades. Tamén será recuperada a antiga zona da lareira e creada unha habitación adaptada. No primeiro andar habilitaranse seis dormitorios, mantendo as ventás orixinais cara o exterior e creando novas cara o interior que melloren as capacidades térmicas do cerramento, a iluminación e a ventilación. No exterior vai ser adecuada unha zona pública de reunión cun pavimento diferenciador aproveitando a estreita relación visual entre a reitoral e a igrexa. 

Servizo de roza

En relación ao servizo de roza e desbroce de cunetas de estradas e parcelas de titularidade municipal, acordouse pola Xunta de Goberno Local adxudicar os cinco lotes nos que foi dividido o contrato a outras tantas empresas co obxectivo de axilizar a execución dos traballos.

O propósito desta campaña anual de desbroce é eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede viaria.

En total o Concello destinará 140.000 euros procedentes integramente de fondos municipais para realizar esas actuacións en máis de trescentos quilómetros de estradas municipais, 83 quilómetros de pistas forestais e preto de 32 hectáreas de parcelas e terreos municipais que non están incluídos no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes.

Unha vez adxudicados os contratos, as intervencións na rede viaria comezarán a executarse nos próximos días.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

O Concello inicia a redacción do Plan de Mobilidade Sostible

Siguiente Noticia ➡️

Reabertas á circulación as vías forestais de Montemaior que foran danadas pola realización de talas

Siguiente Noticia ➡️
Reabertas á circulación as vías forestais de Montemaior que foran danadas pola realización de talas.

Reabertas á circulación as vías forestais de Montemaior que foran danadas pola realización de talas

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil