O mantemento en bo estado da rede viaria municipal ocupa un lugar prioritario na axenda do grupo de goberno e supón anualmente un importante investimento.
O mantemento en bo estado da rede viaria municipal ocupa un lugar prioritario na axenda do grupo de goberno e supón anualmente un importante investimento. Para o Concello é fundamental ofrecer boas comunicacións rodadas tanto nos núcleos de poboación urbanos como nos máis de trescentos núcleos rurais que existen nas trece parroquias.
É por iso que, continuando co desenvolvemento do plan municipal de conservación das estradas, vense de adxudicar a execución de dous proxectos de mellora viaria que afectarán ás parroquias de Coiro e de Lemaio.
Proxectos de mellora
En Coiro a actuación contempla dúas intervencións diferenciadas. Na Pedra vaise ampliar a calzada na marxe esquerda mediante o acondicionamento dos sobreanchos resultantes das cesións dos propietarios pola realización dos peches das vivendas, e dotarase á plataforma cunha nova capa de rodadura en todo o núcleo. E tamén se vai actuar na mellora da superficie de circulación en dúas estradas que se localizan entre os núcleos de A Riba e A Lourenceira, ademais de acometer a limpeza das cunetas.
O proxecto en Lemaio afecta a unha estrada en Proame. Ademais de renovar a superficie da calzada nese núcleo de poboación, vaise acurtar unha das curvas mediante o acondicionamento do sobreancho. Completaranse as obras coa sinalización horizontal e vertical para aumentar a seguridade viaria.
Entre ambos proxectos o investimento alcanzará os 75.000 euros.