jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Novo proxecto dirixido a favorecer a sensibilización ambiental e potenciar o turismo en Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 27, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Novo proxecto dirixido a favorecer a sensibilización ambiental e potenciar o turismo en Caión.

Cartel do programa medioambiental en Caión.

0
COMPARTIDA
7
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello e o GALP Costa da Morte promoven un novo proxecto dirixido a favorecer a sensibilización ambiental e potenciar o turismo en Caión.

O Concello e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte, promoven un novo programa a realizar na vila de Caión e dirixido a favorecer o desenvolvemento local, potenciar o turismo e destacar o patrimonio medioambiental do litoral larachés.

Inclúe unha serie de actividades participativas, e tamén iniciativas para embelecer a paisaxe urbana da vila de Caión que se van levar a cabo durante os próximos meses. Preténdese que a poboación local e visitante reforcen o seu interese pola conservación do medio mariño e costeiro, xerando unha concienciación e un vínculo con este ecosistema que incremente a sensibilización social e favoreza a súa posta en valor.

As actividades medioambientais nas que se anima a participar a todos os públicos darán continuidade ás levadas a cabo en anos anteriores baixo a denominación A Laracha Activa e o mar de Caión. Como primeiras propostas, este venres (30 de agosto) ás 19:30 h inaugurarase no Centro Sociocomunitario de Caión a exposición Os morcegos de Galicia cunha visita guiada coa colaboración do CEIDA. A mostra sobre esta especie tan importante para os ecosistemas, pero moi descoñecida para o público en xeral, poderase visitar ata o día 18 de setembro co obxectivo de que a poboación coñeza con que especies comparte o territorio, como están vinculadas ao medio ambiente costeiro e os beneficios que reportan ao resto dos animais e tamén ao ser humano.

Actividade complementaria

Como actividade complementaria, o sábado (31 de agosto) desde as 20:00 h realizarase a ruta nocturna Os Mor-Cegos, os invisibles tornan visibles. Consistirá nunha primeira parte na que se fará unha breve explicación teórica para identificar as especies, como viven e como detectalas para, a continuación, realizar un percorrido pola contorna de Caión. Os datos recollidos enviaranse á Asociación de Morcegos de Galicia co obxectivo de colaborar na recompilación de citas para o Atlas de Morcegos. Para esta ruta nocturna as prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa, que é gratuíta, acudindo á Oficina de Información Turística, chamando ao 981604328 ou enviando un correo electrónico cos datos persoais a turismo@alaracha.gal.

En setembro vanse realizar outras actividades nas que, do mesmo xeito, tamén se require inscrición previa, como o obradoiro de redeiras (venres 20 ás 17:00 h), a camiñada polo Sendeiro Azul O mar forma parte inseparable da vida e da historia de Caión (sábado 21 ás 11:00 h) e o taller para coñecer as especies costeiras A arribazón, os tesouros do Mar de Caión (sábado 21 ás 18:00 h).

A outra parte do proxecto O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro, centrada nas actuacións dirixidas a embelecer a paisaxe urbana, contempla a realización de catro murais en diferentes localizacións da vila e a creación dunha ruta selfie composta por estruturas que permitan tomar autorretratos e a instalación de letras corpóreas que visibilicen a identidade de Caión.

O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro presenta un orzamento total de 77.000 euros a financiar a través da liña de axudas da Consellería do Mar para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) cofinanciado pola Unión Europea no marco do Fondo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Montemaior acolle un almorzo informativo do proxecto Aloumiños

Siguiente Noticia ➡️

San Román Veteranos, campión da 37ª edición do torneo "Concello da Laracha"

Siguiente Noticia ➡️
San Román Veteranos, campión da 37ª edición do torneo "Concello da Laracha".

San Román Veteranos, campión da 37ª edición do torneo "Concello da Laracha"

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil