A axencia Turismo de Galicia trasladou ao Concello a concesión dunha subvención coa que será cofinanciado o proxecto de mellora dun tramo do Sendeiro de Saldoiro.
A axencia Turismo de Galicia trasladou ao Concello a concesión dunha subvención coa que será cofinanciado o proxecto de mellora dun tramo do Sendeiro de Saldoiro ao abeiro da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation.
O proxecto elaborado polo Concello pretende a posta en valor da fachada marítima de Caión cunha intervención que procura o múltiplo obxectivo de mellorar nese sector do paseo marítimo a accesibilidade e a seguridade e, ao mesmo tempo embelecelo e revitalizado como destino turístico.
Entre as actuacións a levar a cabo destaca a renovación da varanda de madeira desde a Praza Eduardo Vila Fano ata o acceso principal á praia, incluíndo as escaleiras intermedias de baixada aos areais do Caracoleiro e das Salseiras. Farase con material e deseño sostibles, empregando na construción madeira autóctona, esteticamente axeitada e adaptada á contorna. O proxecto culminarase coa mellora da sinalización e do mobiliario urbano.
O orzamento alcanza os 88.500 euros.