O Concello iniciará nos próximos días a execución das obras de mellora do pavimento na rúa A Cheda da capital municipal.
O Concello iniciará nos próximos días a execución das obras de mellora do pavimento na rúa A Cheda da capital municipal unha vez completado o procedemento de contratación deste proxecto valorado en 30.000 euros e que será financiado integramente con fondos municipais.
A intervención pretende mellorar a superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.
Esta actuación terá continuidade posteriormente cun segundo proxecto localizado na vía que comunica precisamente a rúa A Cheda co núcleo de Guilfoi. Contempla, tamén, a nova pavimentación con aglomerado asfáltico para unha máis cómoda circulación rodada. O proxecto está valorado noutros 50.000 euros e está incluído polo Concello no Plan de Infraestruturas Rurais impulsado pola Consellería do Medio Rural.