viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Presentado o programa «Eu merco na Laracha»

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
abril 11, 2023
in A Laracha, En Portada
0
programa bonos eu merco na laracha

Presentación do programa "Eu merco na Laracha"

0
COMPARTIDA
49
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, presentaron o programa «Eu merco na Laracha».

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, presentaron o programa «Eu merco na Laracha» a través do que o Concello dinamizará e reactivará a economía do pequeno comercio, a hostalería e o sector servizos do termo municipal.

A iniciativa consistirá nunha campaña de bonos que se porán a disposición da cidadanía larachesa para empregar nos establecementos adheridos ao programa, subvencionando deste xeito as compras desde o Concello. Así, fortalecerase os negocios locais e fomentarase o consumo de proximidade nos sectores comerciais, hostaleiro, cultural, educativo, salóns de peiteado e beleza, taxis, etc.

O formato de presentación será unha chequeira por un valor de trinta euros que conterá tres bonos de dez euros. Cada un deles será independente e poderase empregar para descontar por cada gasto de vinte euros nas compras, consumos ou servizos nos establecementos ou actividades adheridos (por vinte euros de gasto descontaríase un bono, por corenta euros, dous, e por sesenta
euros, tres).

O Concello destinará a esta iniciativa 40.000 euros de fondos municipais -xa consignados nos orzamentos municipais deste ano- para repartir un total de 1.333 chequeiras. Poderán ser solicitadas por calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha e que sexa maior de 18 anos de idade. No caso de que se rexistren máis solicitudes que bonos dispoñibles, para adxudicalos farase un sorteo mediante un sistema electrónico de elección automática e aleatoria.

Intervención do alcalde

O alcalde iniciou a súa intervención afirmando que “é unha ilusión sacar adiante esta iniciativa coa que queremos axudar tanto aos veciños como ao sector comercial animando a que a xente compre nos establecementos de proximidade, porque iso é beneficioso para todos”.

Tamén avanzou que os 40.000 euros son una cifra inicial para o financiamento do programa, aínda que “a idea é seguir incrementando esa dotación económica segundo a dispoñibilidade orzamentaria en caso de lograr os obxectivos fixados”.

López Varela avanzou a previsión dos prazos para a o desenvolvemento desta iniciativa:

  • Nos próximos días as bases de Eu merco na Laracha serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia.
  • A continuación, a mediados de abril, abrirase o prazo para aqueles establecementos comerciais que desexen sumarse ao programa.
  • No mes de maio abrirase á cidadanía o período de solicitude dos bonos.
  • Xuño será o mes no que deberán canxearse os bonos nos establecementos e servizos adheridos.

«Eu merco na Laracha» terá unha páxina web propia na que se ofrecerá á cidadanía información puntual e precisa sobre o programa e permitirá realizar todos os trámites, entre eles as solicitudes dos bonos por parte da veciñanza e a adhesión á iniciativa polos establecementos comerciais.

Por último, o alcalde tamén lembrou que o Concello ten en marcha outra iniciativa que consistirá na creación dunha nova plataforma dixital que posibilitará aos pequenos e medianos comerciantes locais dispoñer do seu propio espazo en internet desde o que promocionar servizos, anunciar ofertas, fidelizar clientes e vender produtos, creando un gran centro comercial virtual aberto a todas as persoas que aposten polo comercio local e que agrupará a todos aqueles establecementos que desexen sumarse a esta iniciativa.

⬅ Noticia Anterior

Mes do Libro en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Primeiras xornadas formativas dende a atención temperá

Siguiente Noticia ➡️
Xornadas formativas atención temperá

Primeiras xornadas formativas dende a atención temperá

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.