sábado, septiembre 23, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico En Portada

A «Primavera Teatral» de Paiosaco alcanza a súa 12ª edición

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
abril 11, 2023
in En Portada, Más Noticias
0
a primavera teatral paiosaco 12ª edición

Programa da "Primavera Teatral" de Paiosaco.

0
COMPARTIDA
46
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello presenta o programa da décimo segunda edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral.

O Concello presenta o programa da décimo segunda edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral. Afianzado como un dos referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo do mes de abril no auditorio do centro sociocultural desa localidade e constará de tres espectáculos. 

Do mesmo xeito que sucede cos Venres Teatrais da Laracha en novembro e con Teatro con Salitre de Caión en marzo, o Concello programa a Primavera Teatral en abril co obxectivo de ofrecer ao público local a oportunidade de achegarse ás artes escénicas presenciando espectáculos destas características. 

A primeira cita será o venres día 14 con Arte sen guión da compañía Galeatro. A peza é unha especulación improvisada dun grupo de comediantes –Alba Bermúdez, Miguel Canalejo, Cris Iglesias, Nacho Martín, Tone Martínez- que, representando os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media, e enchendo as partes incompletas con axuda do público, pretenden dar resposta a se existiu o teatro medieval galego.

O venres 21 é a quenda para El sorteo de Cásina, unha adaptación da obra clásica de Plauto, o primeiro gran comediógrafo da literatura universal, a cargo de Corzo Producciones.

Así, o ciclo pecharase o venres 28 con Bernarda, da compañía Malasombra Producións. A protagonista, interpretada por Luisa Merelas (coñecida polos seus papeis en Matalobos, Fariña e Casa Manola), tras quedar viúva a mediados dos anos ‘70 pretende que todo continúe sendo igual que sempre e que as que considera malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen nin a ela nin ás súas fillas, ás que dan vida ás actrices Celia González e Esther Aja. 

Todas as funcións son recomendadas para maiores de 12 anos de idade e o horario será sempre a partir das 21:00 h, con acceso gratuíto para o público.

⬅ Noticia Anterior

Primeiras xornadas formativas dende a atención temperá

Siguiente Noticia ➡️

Novas cámaras de vídeo vixilancia en A Laracha

Siguiente Noticia ➡️
novas cámaras vídeo vixilancia laracha

Novas cámaras de vídeo vixilancia en A Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.