O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Cultura e Deportes, Patricia Bello, fixeron entrega dos doce agasallos aos premiados no concurso de postais de Nadal.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Cultura e Deportes, Patricia Bello, fixeron entrega dos doce agasallos aos premiados no concurso de postais de Nadal organizado polo Concello e no que se convidou a participar ao alumnado dos tres colexios do termo municipal. O acto celebrouse na Casa da Cultura da Laracha na tarde de onte.
En todos os casos os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.
O xurado que valorou todos os traballos presentados e outorgou os premios estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión.
Esta é a relación de premiados por categorías:
Categoría A (educación infantil, premios de carácter colectivo ás aulas)
- Aula de 4º de infantil do CEIP Alfredo Brañas.
- Aula de 5º de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
- Aula de 6º de infantil do CEIP de Caión.
Categoría B (1º e 2º de primaria)
- Laila Blanco Lago (1º do CEIP de Caión)
- Helena Carracedo Añón (2º C do CEIP Otero Pedrayo)
- Gabriela Díaz Montes (2º do CEIP Alfredo Brañas)
Categoría C (3º e 4º de primaria)
- Daniela Mallo Mallo (4º do CEIP de Caión)
- Alejandro Varela Añón (4º do CEIP Alfredo Brañas)
- Leia García Nogareda (4º C do CEIP Otero Pedrayo)
Categoría D (5º e 6º de primaria)
- Aroa Rojo Pérez (6º do CEIP de Caión)
- Alba Vázquez Gende (6º A do CEIP Otero Pedrayo)
- Román González Otero (6º do CEIP Alfredo Brañas)