Coa finalidade de impulsar e modernizar o sector comercial local, o Concello está a traballar na creación dunha plataforma de compras en liña.
Coa finalidade de impulsar e modernizar o sector comercial local, o Concello está a traballar na creación dunha plataforma de compra en liña á que convidará a sumarse aos establecementos do termo municipal para que poidan acceder de maneira gratuíta a tecnoloxías que ata agora só estaban dispoñibles para grandes cadeas.
Así, crearase un centro comercial virtual aberto a todas as persoas que aposten polo comercio local de proximidade. E ofrecerá aos empresarios fidelizar clientes promocionando os seus servizos, anunciando ofertas e vendendo produtos.
Tamén, través da nova plataforma dixital, o Concello permitirá que os pequenos e medianos comerciantes locais dispoñan do seu propio espazo en internet desde o que promocionar servizos, anunciar ofertas, fidelizar clientes e vender produtos, creando un gran centro comercial virtual aberto a todas as persoas que aposten polo comercio local e que agrupará a todos aqueles establecementos que desexen sumarse a esta iniciativa.
Para o consumidor, o emprego da plataforma implicará o seu apoio ao sector comercial de proximidade, xa que poderá facer compras directas na súa tenda favorita, de xeito rápido desde o seu móbil, durante as 24 horas do día e con garantía de seguridade nas transaccións.
Cabe lembrar que no Pleno extraordinario foi aprobado o suplemento de crédito e o crédito extraordinario que posibilitou incorporar aos orzamentos municipais parte do remanente líquido de tesourería para o financiamento de actuacións de interese xeral, entre as que precisamente se atopa o proxecto para o estudo e deseño desta plataforma.