A voceira e candidata do Psoe Laracha recibiu ao delgado do Goberno e secretario de Programas do PSdeG, José Miñones
A voceira e candidata do Psoe Laracha, Palomi Rodríguez, recibiu ao delegado do Goberno e secretario de Programas do PSdeG, José Miñones. Na súa visita ao concello xunto a outros representantes socialistas, na zona de Caión a socialista trasladoulle ao delegado demandas dos veciños e veciñas da zona. Tamén recibiu información das oportunidades que ten o municipio a través do Plan de Recuperación do Goberno.
“Constatamos a necesidade de impulsar o programa de axuda á compra e aluguer de vivenda para atraer xente moza. Tamé, contar co programa de carteiros no rural, que permite que a xente pague todos os seus recibos a través do carteiro sen ter que desplazarse”, explica Palomi Rodríguez. “Son enormes oportunidades que están a disposición da veciñanza, pero que os veciños e veciñas de Laracha non coñecen o suficiente.”.
“Compartimos asuntos como a fixación de poboación, un asunto esencial na zona rural; ou as posibles axudas estatais para a renovación da fachada marítima ou para a eficiencia enerxética dos centros educativos”, sinalou a voceira.
“Tamén lle propuxemos a urxencia de despregar a conexión a internet nas zonas sen cobertura, que deberían de ter unha tarifa asumible”, engade Rodríguez. Así mesmo, adianta a candidata do Psoe Laracha que Miñones lle confirmou a aprobación dun novo plan do Goberno para que a conexión chegue ao 100% das casas do municipio, co despregamento progresivo da banda ancha e a opción de conexión por satélite.