sábado, julio 12, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Obradoiro de emprego na carballeira de San Fins

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 21, 2023
in A Laracha, En Portada
0
Obradoiro de emprego na carballeira de San Fins.

Obradoiro de emprego na carballeira de San Fins.

0
COMPARTIDA
16
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O obradoiro dual de emprego que está a pleno desenvolvemento na Laracha iniciou nesta semana unha nova fase de actuacións.

O obradoiro dual de emprego que está a pleno desenvolvemento na Laracha iniciou nesta semana unha nova fase de actuacións. Así, o alumnado da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que ata o de agora centrara a fase práctica no Castro de Montes Claros, comezou a intervir na carballeira de San Fins.

Trátanse dos primeiros traballos de posta en valor deste espazo desde a súa recente adquisición por parte do Concello. Son realizados polos dez alumnos traballadores da citada especialidade do obradoiro -que están divididos en tres grupos- coa coordinación da Fundación Juana de Vega, redactora do proxecto de recuperación e xestión da carballeira. Estas actuacións iniciais consisten basicamente na apertura dos camiños interiores e na eliminación de vexetación invasora en determinadas zonas que así o requiren. 

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, visitaron a carballeira de San Fins para coñecer o resultado dos labores que se están a levar a cabo.

Deste xeito o Concello combina nestas intervencións dúas iniciativas diferentes impulsadas polo goberno local que se complementan entre si. 

«A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego VI»

Por unha parte, o obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego VI que se desenvolve desde o pasado mes de outubro conxuntamente co Concello veciño e co apoio financeiro da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O orzamento supera os 640.000 euros e a duración é de doce meses, período durante o cal os alumnos traballadores están vinculados aos Concellos con contratos de formación.

Ademais de acceder a unha remuneración e realizar actuacións de interese xeral para a veciñanza, ao completar a especialidade correspondente recibirán o certificado de profesionalidade que acreditará a súa formación, cualificación e competencia para exercer a profesión, mellorando por tanto a súa empregabilidade e facilitando a posterior inserción no mercado laboral.

Xestión e posta en valor da carballeira de San Fins

Por outro lado, o proxecto de xestión e posta en valor da carballeira de San Fins, promovido polo Concello para transformar este espazo de 2,2 hectáreas -nas que existen aproximadas 1.300 árbores- nunha área medioambiental de referencia cultural, pedagóxica e educativa para o coñecemento e interpretación da flora e a fauna autóctonas e redactado pola Fundación Juana de Vega. 

Dentro das actuacións de conservación, mantemento e manexo da vexetación deseñadas pola Fundación Juana de Vega e que comezou a acometer o alumnado do obradoiro de emprego, están a limpeza sinxela e poda do arbolado que presenta ramas mortas, así como a eliminación da hedra naqueles exemplares que se atopan en peor estado e a xestión de vexetación exótica invasora.

Como medidas de conservación da fauna, o trazado das rutas para visitantes que tamén se iniciou ten en consideración puntos clave e establecerá un camiño permanente e outro temporal a empregar exclusivamente na época fóra da cría. Esas zonas de tránsito respectan a diversidade biolóxica, minimizan ao máximo os novos usos e contemplan o establecemento de puntos de interese para a observación de fauna e flora singular que contarán con mobiliario elaborado en material natural, principalmente madeira.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Concedidas as subvencións a entidades culturais, deportivas e educativas

Siguiente Noticia ➡️

15ª edición do campus de fútbol na Laracha e Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️
campus fútbol en Paiosaco

15ª edición do campus de fútbol na Laracha e Paiosaco

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil