O vehículo trátase dun Opel Combo diésel e que conta co distintivo ambiental C.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, recibiron o novo vehículo que será posto a disposición do persoal adscrito ao departamento de Servizos Sociais.
Trátase dun Opel Combo subministrado por Stellantis & You España, SAU, a empresa que resultara adxudicataria no procedemento aberto de contratación para a adquisición do automóbil.
Entre as características do vehículo destacan que o tipo de combustible é diésel, o distintivo ambiental C e dispón do equipamento preciso para o desenvolvemento do labor dos traballadores sociais municipais.
O prezo de adxudicación do contrato ascende a 26.122,52 euros a cofinanciar entre o Concello e a Deputación da Coruña a través do programa POS+ 1/2024.