domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

A Xunta remata a nova senda entre Proame e O Cancelo

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 15, 2024
in A Laracha, En Portada
0
A Xunta remata a nova senda entre Proame e O Cancelo.

Nova senda entre Proame e O Cancelo.

0
COMPARTIDA
10
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Xunta rematou as obras da nova senda entre Proame e O Cancelo, que supuxeron un investimento autonómico de case 1,5 M€.

A Xunta rematou as obras da nova senda entre Proame e O Cancelo, no concello da Laracha, que supuxeron un investimento autonómico de case 1,5 M€. Esta actuación completa un itinerario peonil continuo de máis de 7 quilómetros ao longo da estrada autonómica AC-552 ao seu paso por este municipio. 

O novo itinerario ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños, conectando as vivendas da zona de Proame cos servizos e equipamentos do municipio. 

Trátase dunha senda de uso mixto, peonil e ciclista, pola marxe esquerda e en paralelo á estrada AC-552, de 2,2 quilómetros de lonxitude e cun ancho medio de 2,5 metros.  

O itinerario executouse en formigón coloreado, cor terriza, para unha maior integración na contorna. Dispúxose, ademais, unha franxa verde de separación que oscila entre os 1 e os 2 metros, en función do ancho dispoñible, e elevada sobre a beiravía. 

Nas zonas de vivenda ou de negocios habilitáronse aparcadoiros en liña e tamén se mellorou a accesibilidade das paradas de autobús, dispoñendo máis espazo para os peóns e pavimento táctil diferenciado nas zonas de cruce e nas propias paradas. 

Ademais, coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe, executouse unha pasarela de preto de 16 metros de longo, onde esta semana se colocará a varanda metálica, para continuar o itinerario. 

A senda dá continuidade aos itinerarios xa rematados en anos anteriores: entre O Cancelo e A Laracha, de 2 km; e entre A Laracha e Paiosaco, cun investimento total da Xunta de 3 millóns de euros.  

A intervención foi financiada no marco do programa do Fondo Europeo REACT-EU.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Aberta a inscrición para o servizo de Conciliación durante a Semana Santa

Siguiente Noticia ➡️

A Bandeira Sendeiro Azul volverá ondear no paseo marítimo de Caión

Siguiente Noticia ➡️
A Bandeira Sendeiro Azul volverá ondear no paseo marítimo de Caión.

A Bandeira Sendeiro Azul volverá ondear no paseo marítimo de Caión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil