Icono del sitio El Diario de A Laracha

«Mural pola Igualdade» no CEIP Alfredo Brañas

Mural pola Igualdade no CEIP Alfredo Brañas.

"Mural pola Igualdade" no CEIP Alfredo Brañas.

O CEIP Alfredo Brañas xa loce no interior das súas instalacións o Mural pola igualdade.

O CEIP Alfredo Brañas xa loce no interior das súas instalacións o Mural pola igualdade pintado polo propio alumnado do centro de ensino a través da iniciativa impulsada polo Concello.

A actividade, na que participaron alumnos de 1º a 6º de primaria, constou de dúas fases. A primeira consistiu no traballo na aula do deseño, para o que foi preciso levar a cabo varias sesións diferenciadas nas que se formou aos alumnos sobre os contidos a tratar no mural, a dinámica do concurso de debuxos orixinais, a presentación dos traballos para a posterior selección do escollido para plasmalo no muro do patio. E a segunda fase foi a propia execución do mural.

Así, no CEIP Otero Pedrayo estase a realizar unha iniciativa idéntica que culminará os días 18 e 19 de maio coa pintura do mural. No CEIP de Caión e no IES Agra de Leborís está previsto levar a cabo un programa de similares características no próximo curso escolar.

Tamén, o proxecto Mural pola igualdade vincúlase estreitamente coa actividade educativa dos centros nos que se leva a cabo e conforma un recurso máis dentro da vida diaria do colexio ao empregar metodoloxías participativas e promover a implicación dos diferentes axentes da comunidade.

Como aspectos innovadores, vincula a actividade docente como recurso complementario das competencias claves nos eidos da igualdade e a convivencia, potencia a transformación educativa e cultural do espazo do patio, favorece o uso de técnicas artísticas desde unha perspectiva lúdica e propón o uso da cultura cun sentido amplo que inclúe xogos, creatividade e investigación situando ao alumnado como protagonista do proceso.

Salir de la versión móvil