Máis de cen rapaces participan na 16ª edición do campus de fútbol do Concello da Laracha.
Este verán, a proposta do Concello que conta cun maior número de participantes, é o campus de fútbol que se está celebrar no campo A Porta Santa de Paiosaco.
A actividade estase a realizar integramente no campo A Porta Santa de Paiosaco debido ás obras de renovación do céspede no Municipal da Laracha.
Para poder establecer os grupos de idade, os máis novos (5 a 9 aos) levan a cabo a actividade de 10:00 a 12:00 horas e os máis maiores (10 a 15 anos), de 12:00 a 14:00 h.