Icono del sitio El Diario de A Laracha

Palomi Rodríguez presenta a súa lista á alcaldía da Laracha

lista PSOE Laracha eleccións municipaís

Os socialistas da Laracha presentan a súa lista ás eleccións municipais 2023

A candidata presenta unha lista municipal “gañadora para transformar A Laracha»

A voceira e candidata socialista á Alcaldía do Concello da Laracha, Palomi Rodríguez, presentou á Asemblea Local a súa proposta de lista á alcaldía para as eleccións municipais. Trátase dunha lista paritaria na que a acompañan nos primeiros postos os actuais concelleiros e concelleiras. “Compañeiros que xa ten demostrado a súa gran valía e experiencia na xestión municipal. Dando pasos enormes neste proxecto compartido de municipio e de enorme capital humano”, dixo.

“Temos xa aos mellores e con eles debemos continuar”. Avanzou unha importante renovación no resto da lista. Trátase de «persoas moi preparadas, ilusionadas e comprometidas, que representan a pluralidade da Laracha. Sen dúbida, un equipo gañador integrado por larachesas e laracheses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade das distintas parroquias».

“Queremos traballar intensamente polo crecemento, para que sexa unha Laracha diversa, máis xusta socialmente, máis inclusiva, accesible, ecolóxica, con valores feministas e integradores», dixo Palomi Rodríguez.

Experiencia e renovación

O deseño da candidatura foi un exercicio de equilibrio entre “a experiencia municipal e a renovación”. Nos cinco primeiros postos entran novos perfís como número 2 Héctor Suáre Prego, autónomo, de Paiosaco e no posto quinto Inés Ramos López, de Gabenlle, graduada en Dereito pola Universidade de León e cunha gran vocación pública, motivo polo que comezará a preparar oposicións:

  1. MARIA PALOMI RODRÍGUEZ CASTIÑEIRA, 51 anos, de San Román, leva 17 anos traballando no Parlamento de Galicia. Diplomada en Magisterio. Voceira dende 2019.
  2. HÉCTOR SUÁREZ PREGO, 41 anos, de Paiosaco, autónomo.
  3. ALBA DOLORES TOBA FERREIRO, 36 anos, de Torás, enfermeira de profesión. Foi delegada sindical durante oito anos. Concelleira dende 2019.
  4. JOSÉ MARTÍNEZ AGEITOS, 60 anos, vixiante de seguridade dende hai máis de trinta anos, de Torás. Delegado de UGT do Comité de Empresa Prosegur. Concelleiro dende 2019
  5. INÉS RAMOS LÓPEZ, 23 anos, de Gabenlle, graduada en Dereito.
Os cinco primeiros postos da lista do Psoe A Laracha ás aleccións municipais 2023
Salir de la versión móvil