sábado, julio 12, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O venres 1 de setembro ábrese a inscrición para participar en «Xogade coas motos»

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 31, 2023
in A Laracha, En Portada
0
O venres 1 de setembro abriranse as inscricións para participar en "Xogade coas motos"

Cartel do evento "Xogade coas motos".

0
COMPARTIDA
25
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Este venres 1 de setembro, ás 11:00 horas, abrirase a inscrición para participar en Xogade coas motos.

Este venres 1 de setembro, ás 11:00 horas, abrirase a inscrición para participar en Xogade coas motos, o evento que se vai celebrar na praza Les Sables d’Olonne da Laracha o vindeiro día 16 de setembro co propósito de ofrecer a nenos e adolescentes (de 6 a 15 anos de idade) a posibilidades de iniciarse no motociclismo probando unha moto de velocidade. 

Aquelas persoas interesadas deben anotarse cubrindo os datos requiridos nesta ligazón: https://www.xogadecoasmotos.com/xogade-a-laracha. As prazas serán outorgadas por estrita orde de inscrición. Ata o 7 de setembro só se permitirá anotarse a persoas que estean empadroadas no concello da Laracha. No caso de quedar prazas vacantes, abrirase a inscrición a non empadroados a partir do 8 de setembro. A participación é gratuíta, requiríndose a cada asistente que veña equipado con guantes (de moto ou bici), botas (de moto ou tipo trekking) e roupa térmica ou sotomono.

Este evento é organizado por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Federación Galega de Motociclismo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). A Laracha é o único municipio da provincia da Coruña incluído no calendario desta iniciativa. 

Finalidade

Xogade coas motos pretende fomentar o motociclismo de base facilitando o acceso dos máis pequenos ás motos de velocidade. A actividade non será competitiva, xa que a finalidade esencial é coñecer se aos rapaces lles gusta o deporte do motociclismo. Os participantes terán acceso gratuíto ás motos, monos e cascos para realizar distintos exercicios de habilidade que serán dirixidos por monitores, encargados tamén de valorar o nivel do neno e de ofrecerlle esa información aos pais. 

Trátase de ofrecer unha primeira toma de contacto que permita aos rapaces con inquedanzas polo motociclismo coñecer e achegarse a este deporte sen necesidade dun investimento inicial e, de ser o caso, recibir asesoramento para a súa práctica habitual nas diferentes opcións dispoñibles en Galicia (escolas, circuítos, competicións, etc).

Cartel do evento
Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Obradoiro de apoio integral a persoas coidadoras de dependentes no medio rural

Siguiente Noticia ➡️

Convocatoria de subvencións para actuacións en materia de biorresiduos

Siguiente Noticia ➡️
Convocatoria de subvencións para actuacións en materia de biorresiduos.

Convocatoria de subvencións para actuacións en materia de biorresiduos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil